As gotas de choiva bulían pola xanela como nunha danza pretenciosa
e a nena ollaba para elas como se fosen as derradeiras. As persoas grandes
gardaban silencio desde había moitos días á procura dunha palabra, dun son que
saíra daquela boca pequena que aliviara o
silencio.
A avoa puxéllare o nome de Ana, para que do dereito ou do revés a
nena sempre o puidese ler. Cousas de vellas que querían alonxar os malos
espiritos.
Co seu dedo pequeno, gordo e suave, a nena seguía as gotas de
choiva que remataban o baile ao chegar ao final da xanela.
Mentres, a rendeeira da súa nai e as cacharelas do lume da
cheminea, rompían, case con vergonza, o silencio, que esperaba o son da súa
voz.
Do, Re, Mi, Fa, Sol … Do, Re, Mi, Fa, Sol – dixo anA.
O silencio descansou, cesou a choiva, a rendeeira parou e o cuarto
encheuse de luz. O arco da vella, con agarimo abrazaou as montañas.
Este conto é para Ana, compañeira, mestra.
Bicos.
Emocionada...encántame!!!
ResponderEliminarQue alegría que che guste!!! Bicos a moreas. Canto imos a lembrarnos de ti.
ResponderEliminar