Páxinas

Pages - Menu

xoves, 17 de decembro de 2015

BO NADAL


No noso colexio temos a gran fortuna de ser unha comunidade educativa multicultural. É por iso, que somos conscientes, de que estas datas, poden ser celebradas de moitos xeitos.
 
Pero tamén  que nos une o desexo de pasalas en paz,  recibindo e dando cariño.
Bo Nadal.

Geseënde Kersfees
Crăciun fericit



عيد ميلاد مجيد


圣诞节快乐


 
 
 

E TI, QUE PINTAS?

Lembrades que o pasado xoves o Arte Pop e o seu artista Andy Warhol, eran os protagonistas desta entrada?
Pois, hoxe o noso protagonista é o pintor Keith Haring, outro dos pintores importantes do Arte Pop.
Este pintor estadounidense, é  o máis importante dos pintores de grafiti dos anos oitenta.
Nacido en Kutztown, Pennsylvania, en (1958-1990). Desde moi pequeno Keith Haring empezou a debuxar inspirándose nos debuxos animados que vía na televisión. Estudou arte na Ivy School of Art de Pittsburg, onde comezou a facer serigrafías para imprimir en camisetas.
Proseguiu os seus estudos na Escola de Artes Visuais de Nova York, durante 1978 e 1979. No verán de 1979 presentou unha performance titulada" Poetry-Word-Things" no Club 57 de Manhattan; ao ano seguinte, envorcouse nos grafiti, debuxando imaxes como as dos debuxos animados, feitas cun rotulador directamente sobre anuncios no metro de Nova York.
A isto seguíronlle unha serie de historietas, feitas con xiz branco sobre os paneis negros do metro reservados para publicidade; a iconografía era unha mestura de elementos sexuais con pratos volantes, persoas e cans, aos que se engadiron máis tarde figuras correndo, bebés gateando, halos, pirámides, televisións, teléfonos e referencias á enerxía nuclear.
O tratamento que   Keith Haring  lle da a temas como o poder e o medo á tecnoloxía, suxire angustia e reflicte a súa inquietude moral. Era un pintor comprometido coa súa época.
O soporte pictórico que utilizaba Haring era variado e accesible (papel, fibra de vidro, lenzo, pezas de aceiro esmaltado, camisetas, vasos e baleirados en escaiola de obras de arte coñecidas); as súas fontes son a arte esquimal, africano, maya e dos aborígenes, así como a caligrafía chinesa ...
Aquí tedes alguna das súas marabillosas obras.







martes, 15 de decembro de 2015

SABEDES QUE...

OCORRE O DÍA 24 DE DECEMBRO, NOITEBOA, ÁS 3 DA TARDE EN SUECIA?


Ese día, Suecia enteira paralízase para ver na televisión pública un programa de debuxos animados que se emite sen apenas variacións desde 1959. “Kalle Anka och hans vänner önskar God Ju” ou “O Pato Donald e os seus amigos deséxanlle bo nadal”.

Coñecido afectuosamente como “Kalle Anka”, é unh mistura de curtos animados de Disney dos anos trinta, corenta e cincuenta polo que os suecos senten un fervor máis que relixioso. O Museo Nórdico de Estocolmo dedícalle todo un apartado na súa zona de tradicións populares, e calquera intento de modificación por parte da SVT, a cadea pública, xera unha espectacular onda de indignación.

Nos setenta, as autoridades quixeron eliminar o programa porque non lles parecía o máis socialdemócrata do mundo difundir os valores de Disney, pero a campaña para salvar a Kalle Anka fíxolles desistir.

Aquí tedes uns minutos:


luns, 14 de decembro de 2015

RECOMENDACIÓNS LITERARIAS DOS MARTES.

Estas son as lecturas recomendadas para este martes:




Antonio Juan intenta volver a levar unha normal. Desexa de todo corazón esquecerse do invisible, mais ....

Quen será o invisible?



Nunca coñecín a ninguén tan bromista como aquel rei; vivía só para a farsa ...

E, sendo do escritor Edgar Allan Poe, o misterio está asegurado.



- Pasade, pasade, o té vos está esperando. Pero non me miredes así, que parecedes dúas vacas frisonas vendo pasar o Orient Express .

Un caso inquedante dun ovo roto? 



Morris Lessmore amaba as palabras. Amaba as historias. Amaba os libros.

É unha fermosa historia, da que xa vichedes un corto animado. Lembrades aos libros voadores?

domingo, 13 de decembro de 2015

CONTOS CORTOS

O Conto Corto de hoxe titúlase "The maker",  é unha fermosa historia na que a música volvese fundamental.
Esta composta polo músico autraliano, Paul Halley.

A peza chámase Winter , e é en si mesma unha especie de áxil historia que conta de maneira máxica o paso do outono ao frío do inverno e que, logo de incluír unha serie de melodías que se volven rapidamente recoñecibles, conclúe nun emocionante e inesperado só de violín que, con toda a esperanza, anuncia o peche dun ciclo e a chegada da primavera.
Está dirixido por Christopher Kezelos, tamén autraliano.

E, non vos perdades o Conto Corto do "Rakonto Pequeno", paga a pena. Este luns estamos moi musicais, así que imos a dedicarllos a Ana, a nosa mestra de música.



xoves, 10 de decembro de 2015

VENRES DE POESÍA.

Na entrada de onte falábamos sobre o Arte Pop, movemento artístico e pictórico, que como iremos vendo nos vindeiros xoves, non deixa indiferente a niguén pola súa orixinalidade e a forza das súas imáxes.
Pois, se queremos ser orixinais falando de poesía, temos que coñecer a poesía do movemento "Dadaista".
Este movemento artístico nace con dúas características fundamentais: rebelarse co pasado e co conformismo como actitude ante a vida.
Un dos seus creadores, Tristán Tzara, deixou recollidos unha serie de consellos para crear un poema dadaista. Aquí os tedes:

Colla un xornal  

Colla unhas tesoiras  

Escolla no xornal un artigo da lonxitude que queira darlle ao seu poema  

Recorte o artigo 

Recorte deseguido con coidado cada unha das palabras que forman o artigo e métaas nunha bolsa  

Axítea suavemente  

Agora saque cada recorte uno tras outro 

Copie concienzudamenteen a orde en que saian da bolsa 

O poema parecerase a vostede 

E é vostede un escritor infinitamente orixinal e dunha sensibilidade hechizante, aínda que incomprendido do vulgo.

Quen se atreve?

Na biblioteca gostaríanos ter algún. Seguro que nestas vacacións de Nadal atoparedes por casa algún xornal co que facer poesía dadaísta.
E, para que saibades como facelo, aquí redes un exemplo:


E TI, QUE PINTAS?


A ARTE POP




A arte pop é un tipo de arte divertida e emocionante que usa imaxes dos medios masivos e da cultura popular para crear obras de arte que en ocasións transmiten unha mensaxe.
Comezou nos anos 50 do século XX, e artistas como Andy Warhol, Keith Haring e Richard Hamilton crearon obras de arte únicas en estilos orixinais que non se viran nunca antes.
Este xoves imos a coñecer a Andy Warhol, probablemente o máis popular de todos eles, e que chegou a máis público, debido tamén a súa personalidade.



Andy Warhol, un dos personaxes máis influentes na pintura da segunda metade do século XX, naceu como Andrew, en Forest City, Pennsylvania, Norteamérica.
Estudou durante catro anos no Carnegie Institute of Tecnology, en Pittsburg; posteriormente graduose en 1949 e partiu a Nova York onde rapidamente comeza a gañar fama como artista comercial, é aquí onde acurta o seu nome a Andy Warhol, por un erro na publicación dun debuxo.
 En 1952 ten a súa primeira exposición individual e para o 55 xa era o famoso pintor comercial de NY.
Nos seguintes anos participa en varias exposicións ata que no ano 60 produce a súa primeira obra baseada en personaxes de cómics e comeza tamén como pioneiro no proceso de óleo e tinta o cal lle permite producir unha serie de imaxes repetitivas, que comeza no 62 co bote de sopas Campbell.
Para Andy a arte era un negocio así como os negocios eran arte, deixábase levar polo seu personaxe o cal era esencial para chamar a atención do cliente, sen este personaxe, que representaba todo o que o home común quixese ser, talvez o éxito fose máis difícil, pero o pintor soubo  aproveitarse da prensa sensacionalista e dalgúns misterios sobre a súa vida para manter a atención sobre el. Andy Warhol borrou a separación entre verdade e fantasía.


Unha das frases máis famosas de Andy Warhol é esta: "No futuro todo o mundo será famoso durante quince minutos. Todo o mundo debería ter dereito a quince minutos de gloria". 

Estas son algunhas das súas obras máis emblemáticas.









E, como non podía ser menos, un artista tan peculiar como Andy Warhol tamén ten a súa canción.


martes, 8 de decembro de 2015

SABEDES QUE ...

MOI PRETO DE A CORUÑA, EN BETANZOS, HAI UN LUGAR MÁXICO QUE SE CHAMA O PASATEMPOS?

O que máis chama a atención cando chegamos a este lugar máxico é, ademais das grutas e pasadizos subterráneos, o estanque do Retiro.

Seguimos polos murais policromados que reproducen medios de transporte como o aeroplano, o dirixible, o funicular, mapas da Canle de Ges, un mergullador escafandrista, a pirámide de Keops co mo testemuña dunha xira por Exipto, o mural España monárquica e as súas 18 Fillas Republicanas, a homenaxe a Arxentina, os reloxos cos fusos horarios mundiais, a mesquita de Mohamed Alí, elementos da mitoloxía, animais exóticos como un hipopótamo, un elefante, un xigantesco león…


E no nivel superior, situáse o xardín botánico con especies dos cinco continentes.

Foi construido por un betanceiro que emigrou á Arxentina, Juan García Naveira. A súa construcción empezou no ano 1893, e pódese dicir que foi o precursor dos actuais parques temáticos.

Aquí tedes algunha das estancias que podedes visitar se vos animades.





RECOMENDACIÓN LITERARIA DOS MARTES

A partir de hoxe e durante algúns martes, nesta sección as recomendación literarias terán que ver coas novidades que están chegando a nosa biblioteca.
Aquí tedes as tres primeiras:


Como sempre, o escritor Roald Dahl logra, a través de disparatadas situacións, facernos rir, mais tamén entender moitos dos sentimentos que nos acompañan ao longo da vida.
En "Agu Trot", o Sr. Hoppey está enamorado da súa veciña a Sra. Sivler, que vive cunha tartaruga chamada  Alfie.
Alfie axudara ao Sr Hoppey a conseguir o que quere.
Mais, que quere o Sr. Hoppey? Como pode axudarlle unha tartaruga?




As veces as vacacións en familia poden ser moi divertidas, ou non. Se te atopas cun porco descontrolado, con gaivotas tolas ... nunca se sabe como poden rematar esas vacacións. Greg si.



UF! Compartir cuarto co avó pode ser un problema se este empeza a organizar festas sen permiso. E, se a túa nai empeza unha cruzada para que toda a cidade abandone a tecnoloxía, xa a temos montada!


domingo, 6 de decembro de 2015

CONTOS CORTOS

O Conto Corto de hoxe titúlase "The scarecrow". A historia non vos vai a  deixar indiferentes, e ten unha intención clara, establecer un debate sobre ...



venres, 4 de decembro de 2015

VENRES DE POESÍA

Como sabedes o poeta  Federico García Lorca non era galego, máis escribiu varios poemas na nosa lingua. Un deles titúlase "Madrigal á cidade de Santiago".
Este poema, sen dúbida, é dunha gran fermosura, e así o soubo ver o grupo galego "Luar na lubre" que o musicou con gran acerto.

Madrigal á cibdá de Santiago

Chove en Santiago
meu doce amor.
Camelia branca do ar
brila entebrecida ô sol.

Chove en Santiago
na noite escura.
Herbas de prata e de sono
cobren a valeira lúa.

Olla a choiva pola rúa,
laio de pedra e cristal.
Olla o vento esvaído
soma e cinza do teu mar.

Soma e cinza do teu mar
Santiago, lonxe do sol.
Ágoa da mañán anterga

trema no meu corazón.


Federico García Lorca.

E aquí tedes a fermosa interpretación do grupo galego Luar na lubre.