Páxinas

Pages - Menu

xoves, 17 de decembro de 2015

E TI, QUE PINTAS?

Lembrades que o pasado xoves o Arte Pop e o seu artista Andy Warhol, eran os protagonistas desta entrada?
Pois, hoxe o noso protagonista é o pintor Keith Haring, outro dos pintores importantes do Arte Pop.
Este pintor estadounidense, é  o máis importante dos pintores de grafiti dos anos oitenta.
Nacido en Kutztown, Pennsylvania, en (1958-1990). Desde moi pequeno Keith Haring empezou a debuxar inspirándose nos debuxos animados que vía na televisión. Estudou arte na Ivy School of Art de Pittsburg, onde comezou a facer serigrafías para imprimir en camisetas.
Proseguiu os seus estudos na Escola de Artes Visuais de Nova York, durante 1978 e 1979. No verán de 1979 presentou unha performance titulada" Poetry-Word-Things" no Club 57 de Manhattan; ao ano seguinte, envorcouse nos grafiti, debuxando imaxes como as dos debuxos animados, feitas cun rotulador directamente sobre anuncios no metro de Nova York.
A isto seguíronlle unha serie de historietas, feitas con xiz branco sobre os paneis negros do metro reservados para publicidade; a iconografía era unha mestura de elementos sexuais con pratos volantes, persoas e cans, aos que se engadiron máis tarde figuras correndo, bebés gateando, halos, pirámides, televisións, teléfonos e referencias á enerxía nuclear.
O tratamento que   Keith Haring  lle da a temas como o poder e o medo á tecnoloxía, suxire angustia e reflicte a súa inquietude moral. Era un pintor comprometido coa súa época.
O soporte pictórico que utilizaba Haring era variado e accesible (papel, fibra de vidro, lenzo, pezas de aceiro esmaltado, camisetas, vasos e baleirados en escaiola de obras de arte coñecidas); as súas fontes son a arte esquimal, africano, maya e dos aborígenes, así como a caligrafía chinesa ...
Aquí tedes alguna das súas marabillosas obras.







Ningún comentario:

Publicar un comentario