Páxinas

Pages - Menu

xoves, 3 de decembro de 2015

E TI, QUE PINTAS?

O xoves anterior coñecimos ao pintor expresionista Gustav klimt, este xoves imos a coñecer a outro dos pintores famosos desta corriente pictórica, Edvard Munch, que pintou un dos cadros máis famosos e máis icónicos da historia da pintura contemporánea "O berro".



Son moitas as curiosidades que rodean a este cadro:

- "O berro" foi unha gran inspiración para a cultura popular. A máis notoria delas é quizais a da máscara de Ghostface, que cobre o rostro dos diferentes asasinos da saga Scream. O cadro tamén inspirou a estética dos membros do Silencio, unha orde relixiosa de série Doutor Who, e aparece nun episodio do manga Detective Conan, no que o protagonista debe descubrir quen a roubou.





- Existen catro copias do berro pintadas polo mesmo Munch, e todas elas foron moi atractivas para os ladróns, aínda que normalmente foron recuperadas, para ser roubadas outra vez. Unha delas foi substraída en 1994 da National Gallery de Oslo. No seu lugar foi deixada unha nota na que os ladróns agradecían a pobre vixilancia do museo. En 2004 unha versión en tempera do cadro foi roubada do Museo Munch a pleno día, de forma moito menos sutil, por uns ladróns armados e enmascarados.

Concibida a finais do século XIX, O Berro é quizais a obra máis icónica da arte contemporáneo, así como un dos memes máis populares na internet, onde podemos atopar numerosas versións paródicas do cadro.




Non é estraño que "O berro" sexa unha das pezas de arte máis desexadas polos ladróns, xa que o seu prezo é elevadísimo. De feito, en 2012 converteuse na obra de arte pola que se pagou máis diñeiro nunha poxa. O récord produciuse en Sothebys, onde os compradores poxaron frenéticamente ata a cifra de 99 millóns de dólares. Entón produciuse unha pausa, que o encargado da poxa aproveitou para sorrir e afirmar que podía esperar, pois tiña todo o tempo do mundo. Ao cabo de pouco as poxas continuáronse sucedendo ata chegar aos 119,9 millóns de dólares, ofrecidos por unha comprador vía telefónica. Esta é a única das catro copias do cadro en mans privadas. As outras tres atópanse en museos noruegueses.
Posteriormente chegouse a pagar moito máis por cadros doutros artistas como Picasso, Klimt ou Cézanne. Actualmente, a obra de arte máis cara é Nafea Faa Ipoipo, do pintor impresionista Paul Gauguin, pola cal se pagou preto de 300 millóns de dólares en febreiro do 2015.

Como vedes, cando un cadro chega a ser un obxecto icónico, ao seu aredor abundan as curiosidades.

Ningún comentario:

Publicar un comentario