Páxinas

Pages - Menu

mércores, 4 de novembro de 2015

E TI, QUE PINTAS?

Lembrades aos impresionistas?

Un dos mais destacados, xa que é considerado como o creador do impresionismo é Claude Monet.
De feito o termo "impresionismo" ven do título da súa obra "Impresión sol naciente"



Monet é un dos pintores que abandona a estética realista que comezara a practicar na súa mocidade pola estética impresionista, a pesar de que economicamente saía perdendo co cambio, pero parece que ese detalle deulle igual e que estaba decidido a pintar coa liberdade que lle proporcionaba a posibilidade de realizar obras impresionistas.
Debemos de ter en conta a dificultade que os pintores teñen nesta época para poder vender as súas obras, xa que non existe un sistema da arte como o que temos na actualidade e ás veces son os propios pintores os que teñen que vender directamente as súas obras ás persoas que queiran adquirilos. Iso fai que moitos artistas dependen, como lle ocorreu a Monet, de certos compradores que pagaban prezos bastante baixos polas súas obras. Monet puido vivir dignamente grazas a algún dos seus compradores, pero sen ningún exceso coa calidade das obras que pintaba o artista.

Monet naceu no ano 1840 en París, a súa familia tiña un negocio familiar pero tivo que trasladarse ao Havre na desembocadura do río Sena, onde o seu pai vai traballar no negocio do seu cuñado. Alí recibiu as súas primeiras clases de debuxo e realizou diferentes caricaturas que lle proporcionaron algo de cartos para poder trasladarse a París e recibir clases de pintura. A súa familia estivo sempre preocupada pola súa formación, aínda que discutiu co seu pai sobre o lugar de formación ao que debía asistir.
Na década dos sesenta realizará as súas primeiras exposicións e as súas obras poderanse ver no Salón de París, non será ata a década dos 70 cando realice as súas primeiras obras impresionistas, concretamente as primeiras expuxéronse no ano 1874, alí púidose ver a súa obra "Impresión, Sol Nacente" pintada en 1872 no Havre e que vai marcar o camiño a outras obras do mesmo estilo realizadas polo artista. As críticas eran boas pero as vendas non coincidían con elas e como dixemos, tivo que vender a prezos bastantes baixos moitas delas.

Os últimos anos da súa vida están marcados polas cataratas que padeceu nos seus ollos, pasou case quince anos sen ser operado, recuperou a vista en 1923 aínda que estes últimos anos descontento e quizais algo deprimido, destruíu varias das súas obras e só realizou bosquexos doutras que non chegaba a terminar. Faleceu no ano 1926.
Unha das principais características da súa pintura é que sempre estivo preocupado case exclusivamente pola luz. Gustáballe saír ao aire libre e realizar alí os seus cadros, nada de traballar no estudo senón tomar os seus bártulos e directamente ante  a paisaxe ou o monumento, realizar a obra e tentar captar a intensidade da luz, os seus efectos, os cambios sobre ela.
Dicía curiosamente que un cadro estaba destinado a decorar unha parede e que por tanto as cores debían de ser agradables, desta maneira non entraba en problemas estéticos da pintura, facendo realmente o que quería facer e representando aquilo que lle apetecía alleo a modas e discusións acerca do estilo.

A pesar de que son moi coñecidas as súas obras impresionistas a visión naturalista dos seus nenúfares, realizados a partir de 1906 , mostran unha delicadeza tremenda á hora de representar a natureza e a influencia da luz sobre ela.

O xardín da súa casa foi fonte de inspiración para Claude Monet en moitas das súas pinturas.
Aquí tedes un video onde poderedes contemplar a súa beleza.



Neste outro video veredes algunha das súas obras e coñeceredes, tamén, algunhas das súas frases mais famosas.



Ningún comentario:

Publicar un comentario