Páxinas

Pages - Menu

martes, 27 de outubro de 2015

E TI, QUE PINTAS?

Imos dar un salto, para despois de coñecer a pintura da Prehistoria e a da Idade Antiga, chegar dando unha gran zancada á Idade Contemporánea.
E aquí atopámonos co Impresionismo.





O impresionismo xurde a mediados do século XIX e supón unha reacción á pintura tradicional.
Unha das primeiras características do impresionismo é que os pintores se liberan das súas ataduras cos encargos que recibían, normalmente de nobres ou membros da igrexa católica e comezan a realizar cadros que realmente queren facer.
O pintor pasa a ser unha persoa que depende de si mesmo para sobrevivir e non daquilo que lle piden que faga para outras persoas ou institucións.
Unha das obsesións dos pintores impresionistas neste momento será a representación da paisaxe, pero non só a vista dun espazo natural senón tamén urbano ou arquitectónico e como a luz inflúe nesa paisaxe a diferentes horas do día.
Non é estraño atopar as mesmas representacións dun edificio, como fixo Monet coa catedral de Ruan, a diferentes  horas do día de maneira que se poden observar os cambios que a luz exerce sobre esas representacións, así que non era estraño atopar un pintor que se achegaba a unha zona concreta a representar a mesma paisaxe á mesma hora do día para poder captar a mesma luz que ilumina esa zona.

Outra característica do impresionismo é a forma de pintar, de aí o seu nome porque son impresións.
Se nos achegamos ao cadro darémonos conta de que practicamente son manchas o que compón a pintura, pero se nos afastamos uns pasos poderemos observar como esas manchas van adquirindo forma para converterse naquilo que o pintor desexa transmitir.

Pinceis pouco grosos e pequenos toques sobre o lenzo serán os que compoñen a obra. Partes aparentemente inconexas dan lugar a un todo que é unitario.
Estas son obras dalgúns dos impresionistas máis famosos::

DEGAS




MONET










VINCENT  VAN GOGH





RENOIR


Ningún comentario:

Publicar un comentario