Páxinas

Pages - Menu

mércores, 21 de outubro de 2015

E TI, QUE PINTAS?

Continuamos co noso fermoso proxecto sobre pintura. Xa coñecemos as pinturas das covas, a pintura exipcia, e agora imos coñecer a pintura grega.





A civilización grega é unha das máis importantes na historia da humanidade. Desenvolveron unha cultura extraordinaria, deixándonos un legado perdurable que percibimos a diario no mundo que nos rodea. De feito, a arte, a historia, a filosofía, a literatura, as matemáticas; a xeometría; a mitoloxía; nos deportes, as olimpiadas, principalmente, foron o seu legado.
Hai 2500 anos, en Grecia  vivían os máis grandes pintores, escultores, escritores científicos e filósofos. Este período de gran creatividade chamouse "Período clásico".
En xeral, para que florezan as artes é necesario que o estado e os cidadáns poidan pagar por elas, é dicir, debe ser un estado poderoso e rico no que se estimule o proceso creativo e os cidadáns deben ter acceso á educación.
Grecia nese momento o era. Tiña un sistema político moi forte e podía darse o luxo de ter artistas e científicos. O que estas persoas descubriron e crearon, foron as bases da nosa civilización actual.
Naquela época, facíanse concursos onde os pintores podían demostrar as súas técnicas para pintar desde colosais deuses, ata retratos de persoas. Os gregos gustaban da perfección, así que trataban de mostrar e crear todo dunha xeito fermoso, aínda que ás veces non se correspondese coa  realidade.

Pintura

Para falar da pintura grega é necesario facer referencia á cerámica, xa que precisamente na decoración de ánforas e pratos, cuxa comercialización era un negocio moi produtivo na antiga Grecia, foi onde puido desenvolverse esta arte.
Co correr do tempo, estas fóronse enriquecendo progresivamente ata cobrar volume. Apareceron, entón, os primeiros debuxos de plantas e animais enmarcados. Nun próximo paso incluíuse a figura humana e mesmo representacións mitolóxicas.

As escenas organizáronse en franxas horizontais paralelas que permitían a súa lectura virando a peza de cerámica.






E para que saibades algo máis desta civilización tan importante, aquí tedes un video para coñecela mellor.






Ningún comentario:

Publicar un comentario