"O anel máxico" é un conto escrito polas nosas compañeiras de 5ºB, Celia e Sabela. Aquí o tedes para que podades disfrutalo. E ademáis tamén fixeron unhas interesantes actividades sobre o conto.
Desde o noso blog da biblioteca, queremos animarvos a que sigades escribindo.
Moitas grazas ás dúas por compartilo con todos nós.
O ANEL
MÁXICO.
Hai moitos, moitos anos, nesta mesma escola había
una nena chamada Estrela, que tiña cinco anos. Un día, xogando ás agachadas,
tocoulle pandar a Manolo, o neno máis malo do cole que fixo trampa e mirou onde
se escondía Estrela e, claro… encontrouna á primeira. Mirou onde se escondía
moitas veces máis e, como sempre a encontraba de primeira, Estrela non quixo
xogar máis.
Cando chegou á casa visitouna a súa fada madriña
que se chamaba Celeste e díxolle que se comía froita e verdura encontraría
catro trociños dun mapa. Este mapa era… o mapa dun tesouro!! Tiña que montalo e
seguir o camiño verde porque se seguía o camiño vermello perderíase e non
podería saír do bosque nunca máis.
Nos seguintes días só
comía froitas e verduras para poder encontrar as pezas do mapa. Unha delas
encontrouna nunha pera, outra nun repolo, outra nunha coliflor pero quedaba
unha. Onde estaba??
Estrela púxose moi
triste e, de súpeto, na mazá que estaba comendo encontrou a última peza do
mapa. Foi correndo á súa casa, montou o mapa e seguiu o camiño
verde , pero Manolo viuna e seguíuna… Estrela deuse conta e deixouno que
a seguise. Cando xa non o vía pensou:”Xa o buscarei cando encontre o tesouro”.
O que non sabía Estrela é que Manolo collera, sen querer, o camiño vermello.
Ao cabo dun rato chegou
a unha casa abandonada e como o mapa indicaba que había que entrar, entrou. Alí
estaba un trasno que lle dixo que para poder pasar tiña que resolver unha
adiviña: “Ouro parece plátano é. Que é?”
-Plátano! –dixo rapidamente
Estrela.
O trasno, sorprendido,
escapou correndo.
Estrela foi ao salón,
onde o mapa indicaba que estaba o tesouro e, enriba da mesa, encontrou unha
caixa cun anel dentro.
- Que bonito!-
exclamou, e púxoo.
Logo acordouse de
Manolo e foino buscar. Cando o atopou, Manolo que levaba moito tempo perdido
levou unha grande alegría e díxolle:
-Perdoa Estrela, non
volverei a seguirte.
E desde aquel día
ninguén volveu facer nada malo porque senón Estrela rifaríalles.
E as nubes, ese día
puxéronse tan contentas que, en vez de chover auga, deixaron caer caramelos,
iso si, de froitas.
Celia e Sabela (5ºB)
DESPOIS DE LELO, SABERÍADES RESPONDER A ESTAS PREGUNTAS CREADAS POLAS AUTORAS?
1. Quen era o neno que fixo trampa
nas agachadas?
2. Como se chamaba a fada madriña?
3. Cal foi a adiviña que lle dixo o
trasno a Estrela?
4. Cal era o camiño que non tiñan que coller? O vermello ou o
verde?
5. Por que se perdeu Manolo no
bosque?
6. Que tiña que facer Estrela para
encontrar o tesouro?
7. Cal era o tesouro?
Parabéns para Celia e Sababela por facer un conto tan fermoso.Tes que seguir escribindo máis.Biquiños
ResponderEliminar