Feliz verán a tod@s, e non esquezades que un libro, unha toalla e o mar é un plan marabilloso.
Páxinas
▼
Pages - Menu
▼
xoves, 18 de xuño de 2015
ÍMONOS DE VACACIÓNS
Este blog colle vacacións. Foi un pracer compartir este curso con todos vós, e prometemos estar aquí en setembro con máis, e a ser posible, mellores ideas.
Feliz verán a tod@s, e non esquezades que un libro, unha toalla e o mar é un plan marabilloso.
Feliz verán a tod@s, e non esquezades que un libro, unha toalla e o mar é un plan marabilloso.
mércores, 17 de xuño de 2015
CARTA AOS TUSITALAS
Queridos Tusitalas:
Quero darvos as grazas por todos os recreos de venres compartidos. Polas vosas achegas, sempre interesantes, polas vosas risas, mais sobre todo, por compartir o pracer da lectura.
Compartir un libro, é algo moi especial. Cando unha historia logra levarte a outro lugar, a imaxinar como seran eses personaxes; cando logras que non exista nada mais que unha estación de tren parisino, cando lle pos cara a Hugo Cabret ou paseas por un hospital cun corazón máxico ao que lle custa latir,,,,, nese momento xa estás atrapado pola maxía da lectura.
Agora xa sodes Tusitalas. Sodes, contadores de historias.
Ata sempre.
Beatriz.
ATA SEMPRE
As alumnas e alumnos de 6ºA e 6ºB deixades este ano o colexio, pero con nós quedan as risas, os enfados, as conversas, os momentos compartidos que xa forman parte da nosa vida.
Agora comenzades unha nova andaina, na que vos desexamos toda a sorte que precisedes, o resto tédelo que poñer vós, o esforzo e o traballo, para ser máis libres e ser quen de elexir o que mais vos conveña en cada momento.
Moitos bicos!!!
luns, 15 de xuño de 2015
"O ANEL MÁXICO". UN CONTO DE CELIA E SABELA DE 5ºB
"O anel máxico" é un conto escrito polas nosas compañeiras de 5ºB, Celia e Sabela. Aquí o tedes para que podades disfrutalo. E ademáis tamén fixeron unhas interesantes actividades sobre o conto.
Desde o noso blog da biblioteca, queremos animarvos a que sigades escribindo.
Moitas grazas ás dúas por compartilo con todos nós.
O ANEL
MÁXICO.
Hai moitos, moitos anos, nesta mesma escola había
una nena chamada Estrela, que tiña cinco anos. Un día, xogando ás agachadas,
tocoulle pandar a Manolo, o neno máis malo do cole que fixo trampa e mirou onde
se escondía Estrela e, claro… encontrouna á primeira. Mirou onde se escondía
moitas veces máis e, como sempre a encontraba de primeira, Estrela non quixo
xogar máis.
Cando chegou á casa visitouna a súa fada madriña
que se chamaba Celeste e díxolle que se comía froita e verdura encontraría
catro trociños dun mapa. Este mapa era… o mapa dun tesouro!! Tiña que montalo e
seguir o camiño verde porque se seguía o camiño vermello perderíase e non
podería saír do bosque nunca máis.
Nos seguintes días só
comía froitas e verduras para poder encontrar as pezas do mapa. Unha delas
encontrouna nunha pera, outra nun repolo, outra nunha coliflor pero quedaba
unha. Onde estaba??
Estrela púxose moi
triste e, de súpeto, na mazá que estaba comendo encontrou a última peza do
mapa. Foi correndo á súa casa, montou o mapa e seguiu o camiño
verde , pero Manolo viuna e seguíuna… Estrela deuse conta e deixouno que
a seguise. Cando xa non o vía pensou:”Xa o buscarei cando encontre o tesouro”.
O que non sabía Estrela é que Manolo collera, sen querer, o camiño vermello.
Ao cabo dun rato chegou
a unha casa abandonada e como o mapa indicaba que había que entrar, entrou. Alí
estaba un trasno que lle dixo que para poder pasar tiña que resolver unha
adiviña: “Ouro parece plátano é. Que é?”
-Plátano! –dixo rapidamente
Estrela.
O trasno, sorprendido,
escapou correndo.
Estrela foi ao salón,
onde o mapa indicaba que estaba o tesouro e, enriba da mesa, encontrou unha
caixa cun anel dentro.
- Que bonito!-
exclamou, e púxoo.
Logo acordouse de
Manolo e foino buscar. Cando o atopou, Manolo que levaba moito tempo perdido
levou unha grande alegría e díxolle:
-Perdoa Estrela, non
volverei a seguirte.
E desde aquel día
ninguén volveu facer nada malo porque senón Estrela rifaríalles.
E as nubes, ese día
puxéronse tan contentas que, en vez de chover auga, deixaron caer caramelos,
iso si, de froitas.
Celia e Sabela (5ºB)
DESPOIS DE LELO, SABERÍADES RESPONDER A ESTAS PREGUNTAS CREADAS POLAS AUTORAS?
1. Quen era o neno que fixo trampa
nas agachadas?
2. Como se chamaba a fada madriña?
3. Cal foi a adiviña que lle dixo o
trasno a Estrela?
4. Cal era o camiño que non tiñan que coller? O vermello ou o
verde?
5. Por que se perdeu Manolo no
bosque?
6. Que tiña que facer Estrela para
encontrar o tesouro?
7. Cal era o tesouro?
domingo, 14 de xuño de 2015
O DERRADEIRO CONTO CORTO DESTE CURSO
Empezamos unha semana de despedidas no noso blog da biblioteca "Rakonto", mais en setembro estaremos outra vez aqui con mais, e a ser posible, mellores cousas.
Hoxe despedímonos desta sección cun corto moi fermoso. Titúlase "Invention of love".
Que o difrutedes!!!
Hoxe despedímonos desta sección cun corto moi fermoso. Titúlase "Invention of love".
Que o difrutedes!!!
xoves, 11 de xuño de 2015
RECOMENDACIÓN LITERARIA DOS VENRES.
Este venres é Katrina, de terceiro, quen nos fai a recomendación literaria.
Moitas grazas pola túa interesante achega.
martes, 9 de xuño de 2015
SABEDES QUE ...
NO NOSO COLEXIO TEMOS POLO MENOS UNHA POETA?
Chámase Sara Pasantes Lago, é alumna de sexto e este é un dos seus poemas:
Chámase Sara Pasantes Lago, é alumna de sexto e este é un dos seus poemas:
En la vida hay
buenas y malas cosas
Como cuando el mar
acaricia las olas
Como cuando pierdes
jugando a la oca.
Como cuando pones
la moneda en la gramola.
Como cuando le das
un beso a tu amada.
Como cuando te comes
una maravillosa granada.
Como cuando bailas
al compás de la música.
Como cuando te comes
una buena carioca.
Como cuando te despides
diciendo: hasta nunca ...
luns, 8 de xuño de 2015
CONTOS CORTOS
O conto corto de hoxe narra unha historia de amizade e tolerancia, dúas palabras ben fermosas. Non si?
xoves, 4 de xuño de 2015
RECOMENDACIÓN LITERARIA DOS VENRES
Na nosa biblioteca hai un conto que é un pouco raro, pódese ler de adiante para atrás, e de atrás para adiante.
O conto é este:
E empeza así:
MIRA QUE MIRA MIRANDO,
ATOPEI UN BECHO ESTRAÑO, COA FEITURA DUN OVO:GORDO ARRIBA, ABAIXO FRACO.
CO MEDO PERDEU OS PES, E TAMÉN PERDEU O RABO.
E QUEDOU TAL COMO UN OVO: REDONDO,LISO E PELADO.
PERO AO DARLLE A VOLTA AO CONTO ...
A que queredes saber máis?
O conto é este:
E empeza así:
MIRA QUE MIRA MIRANDO,
ATOPEI UN BECHO ESTRAÑO, COA FEITURA DUN OVO:GORDO ARRIBA, ABAIXO FRACO.
CO MEDO PERDEU OS PES, E TAMÉN PERDEU O RABO.
E QUEDOU TAL COMO UN OVO: REDONDO,LISO E PELADO.
PERO AO DARLLE A VOLTA AO CONTO ...
A que queredes saber máis?
martes, 2 de xuño de 2015
SABEDES QUE ...
A IDADE MEDIA FOI UN MOMENTO HISTÓRICO MOI IMPORTANTE, NA QUE ABUNDAN CASTELOS, REIS, CABALEIROS ...?
Aquí tedes un video que vos vai introducir nesta época histórica chea de loitas, lendas e tamén unha gran desigualdade social.
Aquí tedes un video que vos vai introducir nesta época histórica chea de loitas, lendas e tamén unha gran desigualdade social.