Páxinas

Pages - Menu

martes, 17 de marzo de 2015

SABES CAL É ...

O ANIMAL MAIS GRANDE DO NOSO PLANETA?


As baleas son animais vertebrados e pertencen ao grupo dos mamíferos acuáticos.As súas crías chámanse ballenatos e crecen dentro das súas nais durante 12 meses, ata que nacen.
Estes animais acuáticos non poden respirar dentro da auga. Por iso, precisan sair á superficie para facelo. Teñen dous orificios nasais na parte superior da cabeza, por onde respiran e expulsan auga, normalmente acompañada de mucosidades.
Xa vedes, as baleas tamén teñen mocos!


A balea azul é o animal máis grande ao longo da historia do noso planeta, incluso maior que o maior dos dinosaurios.
O seu corpo é de cor azul, de aí o seu nome.



As baleas azuis eran moi abundantes en todos os océanos ata comenzos do século XX, pero durante mais de 40 anos foron cazados ata a súa extinción.
Só a súa lingua pesa 2,7 toneladas, e a súa boca aberta pode ter dentro 90 toneladas de comida e auga. Mais curiosamente a pesar do seu colosal tamaño a balea azul non pode tragar obxectos mais grandes cunha pelota de praia a causa das pequenas dimensións da súa gorxa.
A balea azul é unha boa cantante. Os machos dun mesmo grupo cantan a mesma canción e esta varía según as estacións.
Dise que o canto das baleas macho é un intento de seducir ás femias, mentres intentan reproducirse.

Aquí tedes un video sobre a fermosa balea azul, e outro para que escoitedes o son das baleas.





Ningún comentario:

Publicar un comentario