Páxinas

Pages - Menu

xoves, 15 de xaneiro de 2015

RECOMENDACIÓN LITERARIA DOS VENRES.

Pois xa que vos gustan tantos as historias de "Diario de Greg", imos saber algo do seu autor e dos inicios da creación destes libros.
Ao principio, "Diario De Greg" non era un libro, senón un conxunto de historietas e debuxos subidos a internet por Jeff Kinney, o seu autor. Mais, a medida que Greg ía gañando fans e seguidores, decidiuse recoller as tiras en libros e crear novas historias. O primeiro libro de Diario de Greg publicouse en 2006 en trinta países diferentes. Estivo na lista do New York Times Best Seller de libros para nenos durante 41 meses.
O SEU AUTOR: Jeff Kinney
Jeff Kinney, naceu en 1971 en Maryland (Estados Unidos), dende ben pequeno, quixo ser un debuxante de cómics. Pero ao rematar os seus estudos, decatouse de que non era nada doado gañarse a vida como debuxante. Así, mentres esbozaba o que sería o Diario de Greg, traballou como deseñador nun xornal e como programador informático. Despois de seis anos de traballo, publicou o seu traballo en internet. Ata a data, a versión online do "Diary of a Wimpy Kid", o seu título en inglés, ten máis de 90 millóns de visitas.
Jeff Kinney actualmente dedícase ao deseño e desenvolvemento de xogos online

Ningún comentario:

Publicar un comentario