Páxinas
▼
Pages - Menu
▼
xoves, 4 de decembro de 2014
A NOSA RECOMENDACIÓN LITERARIA DOS VENRES.
Este venres, a nosa recomendación literaria é moi especial, xa que forma parte da xuventude dos que agora xa non somos tan novos.
"A Illa do Tesouro" de Robert Louis Stevenson.Este famoso escritor naceu en Edimburgo (Escocia). Xa de pequeno a súa afición favorita era a de rimar e inventar historias.
Os derradeiros anos da súa vida viviu nas Illas do Pacífico, onde os aboríxenes o bautizaron co nome de "Tusitala", que significa "O que conta historias".
Aquí vos deixo un pequeno resumo do libro, esperando provocar en vos a curiosidade pola súa lectura:
Jim Hawkins, fillo adolescente do dono da pousada Almirante Benbow, fronte á solitaria baía do Outeiro Negro, vai experimentar un cambio radical na súa rutineira existencia cando un vello e estraño mariño que se hospeda na pousada lle confesa, a piques do delirium tremens provocado polo ron, que formou parte da tripulación do mítico capitán pirata Flint, e que esconde no seu baúl algo que cobizan os seus antigos camaradas. Morto o vello bucaneiro, Jim descobre o misterioso mapa dunha illa entre as súas pertenzas...
Ningún comentario:
Publicar un comentario