Páxinas

Pages - Menu

xoves, 11 de decembro de 2014

A NOSA RECOMENDACIÓN DOS VENRES.

E xa que estamos chegando ao Nadal, e que na clase de inglés estamos vendo a película Oliver Twist, que mellor que adicar este venres a nosa sección de recomendacións literarias ao escritor Charles Dickens e o seu libro "Canto de Nadal".
Aquí tedes algúns datos biográficos deste autor.
O 7 de febreiro de 1812 nacía Charles Dickens. A súa nenez estivo marcada polo encarceramento do seu pai e polo traballo nunha fábrica. Tras desempeñar varios oficios, conseguiu un posto como xornalista no Parlamento e, posteriormente no The Mirror of Parliament e The Morning Chronicle. Os seus primeiros relatos breves, que datan de 1833, asinounos co seudónimo de Boz na publicación The Monthly Magazine. Tivo moito éxito como escritor polo seu estilo humorístico, irónico e tendente á crítica social, pero cultivou outras facetas: editor de semanarios, autor de libros de viaxes, simpatizante de colectivos sociais, poñente en seminarios sobre propiedade intelectual e abolición da escravitude. Faleceu en Inglaterra en 1870. O creador de personaxes tan emblemáticos na historia da literatura, como Oliver Twist ou David Copperfield, escribiu “Canto de Nadal” en 1843. KALANDRAKA publicou esta obra -en galego, castelán e portugués- coas marabillosas ilustracións do artista plástico italiano Roberto Innocenti.
Esta é a portada e unha das fermosas ilustracións.

Ningún comentario:

Publicar un comentario