Páxinas
▼
Pages - Menu
▼
martes, 4 de novembro de 2014
Arte.
O Land Art é unha corrente artística que xorde nos anos 70 do século XIX.
Mentres que noutras expresións artísticas a obra nace nun espazo pechado, no LandArt a obra nace por e para participar da natureza.
Os artistas usan a paisaxe como soporte, da mesma forma que un pintor usa un lenzo.
Os materiais encóntranos na propia natureza: pedras, area, ramas...
Hai obras de tamaño monumental como as do artista Christo
e outras mais pequenas como:
É unha arte efémera, isto quere dicir que non sobrevive ao paso do tempo, xa que desaparece debido á erosión que a terra, a chuvia, as mareas, o vento... producen na obra. Por iso, é tamén unha obra en continua transformación.
A forma de conservala na memoria, é en ocasións, a través da fotografía.
Normalmente o Land Art inspírase na arquitectura antiga ou nos sitios sagrados do pasado.
Os artistas cavan gabias, sucos ou cimas;fan grandes movementos de terra usando escavadoras ou camións. Constrúen ramplas e envolven edificios ou rochas.
Esparexen cores en praias ou desertos. Colocan pedras, ou simplemente fan espirais con algas.
Igual que facían os primitivos, os deseños do Land Art son sempre sinxelos: liñas rectas, zigzag, círculos, cadrados, espirais...
A través de formas simples, estes artistas intentan facernos pensar sobre a relación entre o ser humano e a natureza.
Na seguinte entrada podedes ver un video de Land Art. Espero que vos guete.
Ningún comentario:
Publicar un comentario