Páxinas

Pages - Menu

luns, 27 de outubro de 2014

Ola a tod@s, xa que estamos a piques de celebrar o Samaín, que mellor que ir coñecendo alguns e algunhas das escritoras mais famosas da literatura de misterio. Hoxe empezamos coa marabillosa Agatha Christie. Espero que vos guste. Draco.
AGATHA CHRISTIE A RAIÑA DO MISTERIO A escritora Agatha Christie, naceu en Inglaterra no ano 1890. De nena era moi tímida e retraida. Gustáballe mais xogar con amigos imaxinarios que coas bonecas, iste detalle é xa o xermen da súa vocación literaria. Durante a I Guerra Mundial, traballou como enfermeira voluntaria nun hospital, é aí onde xurde o seu primeiro libro, unha historia policial cuxa víctima morría envenenada. A novela titulábase “The mysterious affair at Styles” (O misterioso caso de Styles). O protagonista desta novela é o detective Hércules Poirot, que será xa para sempre o detective da maior parte das súas novelas. Presentou a novela á editorial Hodder and Stoughton, que a rexeitou de inmediato. Mais Agatha non se rinde e proba sorte noutra editorial que tardara dous anos en contestarlle. No ano 1920, despois de facerlle modificar o último capítulo, publícanlle o libro. Deste libro vendéronse 2000 exemplares, unha cifra moi importante para o primeiro libro dunha autora descoñecida. Pero o que realmente lle deu sona, foi cando o xornal “The Weekly Times” mercou o manuscrito para publícalo por entregas. Nese momento Agatha non ve o seu futuro como escritora, para ela o mais importante era a súa familia. Mais como a situación económica da súa nai era moi mala, decidiu escribir outro libro, e xa non deixou de escribir nunca mais. Dous dos personaxes mais importantes das súas novelas son:
Hércules Poirot é un oficial xubilado de orixe belga, cunha gran opinión sobre si mesmo. Caracterízase polo seu bigote e a cara en forma de ovo. Nas novelas de Agatha Christie, o detective sempre plantexa a idea de retirarse e cultivar cabaciñas. É meticuloso, pulcro e moi ordenado. Poirot é xa un personaxe coñecido en todo o mundo.
A señora Marple, é unha solteirona inglesa que vive nunha aldea. Ela non é unha detective, masi sempre ten éxito onde a policía fracasa. Usa o seu instinto e o coñecemento que ten da natureza humana no canto da lupa para buscar pistas. ALGÚNS LIBROS DE AGATHA CHRISTIE: “Asesinato en el Orient Express”, “Un cadáver na biblioteca”, “Morte no Nilo”, “O asasinato de Roger Ackroyd”…

Ningún comentario:

Publicar un comentario