Páxinas

Pages - Menu

venres, 21 de decembro de 2012

Concurso de postais de nadal.

Este Nadal a nosa mascota Draco propuxo o seguinte concurso: Facer unha postal cos nosos personaxes de conto preferidos como protagonistas. De entre todas as postais recibidas, resultou gañadora a postal de Ariadna, que se empregará para felicitar as festas ás familias  de todos os nen@s desde o Colexio e que é esta que podedes ver aquí.

                    
                                                    ¡¡¡¡¡¡NORABOA ARIADNA!!!!!!!!!!

As demáis postais tamén son moi bonitas, como podedes ver na seguinte presentación. Moitas grazas a todos por participar.

mércores, 19 de decembro de 2012

Draco invítanos a concursar

A nosa mascota "DRACO" invitou a todos os nen@"s do colexio a participar nun concurso que consistía en ler un libro, facer un debuxo e unha pequena reseña do mesmo. A tod@s @s que participastes moitas grazas e a nosa noraboa polo traballo realizado. Aquí quedan os debuxos para que disfrutedes deles.

domingo, 16 de decembro de 2012

O MAGOSTO

Con motivo da celebración do Magosto, desde o Equipo da biblioteca, propuxemos a cada aula que elaborasen unha castaña  personalizada con un personaxe de conto elixido entre tod@s. Os resultados foron estupendos, como se pode ver na seguinte presentación. A nosa noraboa para tod@s polo ben que traballaron.

martes, 29 de maio de 2012




Chámome Valentín Paz  Andrade,

nacín en Lérez, Pontevedra

no ano 1898.



Cando fun maior

marchei a Pontevedra a estudar bacharelato,

despois a Santiago

a estudar para avogado.



Alí coñecín a Castelao

a Risco,

 e a Vilar Ponte.



 Un dos meus mellores amigos,
Castelao

foi ao que adiquei o meu primeiro libro:

 “Pranto Matricial”.


Escribín en xornais,

revistas

e en diferentes libros.



 Sempre me gustou o mar

por iso fundei a primeira

e máis importante empresa

de pesca

e conxelados de Europa

“Barritas Pescanova”.



Traballei na FAO,

unha organización

que se preocupa

pola alimentación.



Galardoáronme con  moitos premios

por traballar pola nosa terra,

e por iso agora

me adicaron este día das Letras Galegas.



Ana Areoso López, 5ºA


martes, 22 de maio de 2012

Unha paisaxe






Descrición

É unha paisaxe de montaña. En primeiro plano vemos un campo de papoulas que rodea a unha  pequena  lagoa, onde se reflicten as montañas e  as nubes grises; detrás un prado bordeado de arbustos  e ao fondo unha serie de  montañas cubertas de árbores. O ceo gris dálle un  aspecto un pouco triste, pero  o campo de papoulas transmite un sentimento de tranquilidade e alegría, xa que parece unha alfombra impregnada de manchiñas vermellas que se moven ao son dunha canción.

Ana Areoso López, 5ºA

sábado, 19 de maio de 2012

Nunca hai que renderse


Moitos , moitos anos atrás había un mago que quería facerse co mundo, pero unha fada, a raíña das fadas, detívoo encerrándoo nun selo máxico. Pero o selo foise desgastando e Malvacho, que así se chamaba o mago, liberouse. A raíña encontrouse con dúas fadas novas  e aventureiras; e contoulles  o que pasara. As fadas mozas chamábanse Yessica e Marina; as dúas quixeron axudar á raíña.

Pasados tres meses, Malvacho deuse a coñecer na aldea das fadas:

_ Eu son Malvacho, inclinádevos ante min_ ordenou con cara victoriosa.

_ Ja. Ja, ja, ja_ riron todos cando Malvacho pronunciou o seu nome.

Pero Malvacho non estaba disposto a escoitar eso e petrificounos a todos, excepto á raíña, a Yessica e a Marina que naqueles tres meses se fixeran máis fortes e prepararan un plan.

Primeiro terían que alonxar a Malvacho da aldea, para que non quedara todo destruído, levárono a unha cova oculta detrás dunha fervenza, despois Yessica fixo de cebo para Malvacho:

_ Aquí, aquí, ven a por min se te atreves!_ berrou sacándolle a lingua.

_ Non debes desafiarme, destruireite!_ contestoulle Malvacho perseguíndoa.

Yessica non era tan tonta como Malvacho, ela tiña unha idea: puxéralle unha trampa. Pero xusto cando ía caer nela…

_ Plas!

Foi Yessica a que caeu na súa propia trampa, alguén a empuxara.

Malvacho fixera un conxuro e agora había dous coma el.

_ Que mala sorte!_ Queixouse Marina.

_ Non te preocupes, Marina, tira agora!_ pediulle Yessica.

Marina tirou dunha corda e os Malvachos quedaron encerrados nunhas gaiolas.

Yessica saíu da súa rede ; coa axuda da raíña levaron a Malvacho á cova  e cun conconxuro de levitación volveron a encerralo baixo o selo máxico,só que desta vez era moito, moito máis poderoso.  Malvacho xa non se podería liberar nunca máis, xa que o selo non se desgastaría.

E así foi como a raíña, Yessica e Marina salvaron o mundo.

Yennifer Angelina Quintana de la cruz, 5º A

xoves, 17 de maio de 2012

Os tres amiguetes


Un día pola noite, no ano 3171, Raúl, un neno do planeta Terra viaxou xunto ao seu can Milú. Raúl era tímido e divertido. Milú era un can Valente, atrevido e durmitón. Ao chegar apareceu diante deles Magneto, un robot moi gracioso. Os tres presentáronse e dixeron o que querían facer. Os tres querían o mesmo: Que coincidencia! Así que os tres foron ao Castelo do rei Magnetote a pedirlle a man das súas fillas.

Pola noite, dous días despois, Raúl escoitou un ruído

_Que é iso? Preguntou con voz medorenta.

_ É un mouchornio_ contestou Magneto un pouco sorprendido.

_ Guau, guau_ ladrou Milú para intentar espantalo.

Á tardiña montaron a tenda de campaña e foron durmir. Pola noite, no bosque escoitouse moito ruído; a Raúl por pouco non lle dá un infarto.

Pola mañá cedo dirixíronse ao Castelo do Rei.

Alí, Raúl presentouse:

_Ola,son Raúl, quería pedirlle a man da súa filla.

_ Eu son Magneto, quería casar coa súa filla.

_ Preguntareille a elas se aceptan.

Magnetote preguntoulles ás súas fillas se querían casar con eles.

_ Si, queremos_ contestaron as princesiñas a coro.

Celebraron unha voda dobre.

Milú, o can, tamén fixo boas migas cunha cadela que tiña o Rei.

 E desde aquel día, Magneto, Raúl e Milú viven felices no Castelo do rei Magnetote.

Jonathan Naya Fernández, 5ºA

martes, 15 de maio de 2012

As tres bruxiñas




Silvia, Claudia e Marta eran tres bruxas, ao mellor non eran exactamente bruxas, máis ben eran aprendices de bruxas. As tres eran moi boas amigas. Silvia era alta, delgada e moi responsable; Claudia, baixiña e un pouco regordeta, pero era a máis lista da súa clase; e Marta, unha rapaza moi deportista. As tres tiñan que prepararse para ser bruxas ao igual que os seus antepasados.

Un día chamounas a súa profesora para dicirlles que lles tiña que contar algo importante:

_ Nenas, estades case listas para ser bruxas, por eso a Real Academia de Bruxas vos quere poñer unha proba para ver se estades listas.

_ E de que irá esa proba?_ preguntou Marta intrigada.

_ Tedes que ir ao bosque Escuridade e coller unha flor.

_ Vale, pero como é esa flor?_ Interviu Silvia.

_ Eso teredes que adiviñalo vós.

De repente ábrese un burato no chan e as nenas caen.

_ Onde estamos?_ berrou Claudia asustada.

_ No bosque Escuridade.

_ E mirade, aí está a flor, que fácil foi!

_ Marta, non, seguro que é unha trampa!

Marta choca contra unha parede invisible.

_ Que pasou?_ preguntou Marta.

_ Hai que desfacer o conxuro para poder pasar_ di Silvia moi decidida.

Tras moito intentar romper o conxuro, collen a flor e se teletransportan á casa, por outro portal máxico.

_ Moi ben, rapazas.

_Foinos moi fácil_ dixo Silvia rindo.

_ O que contaba era a valentía e vós tedes de sobra, tomade.

A profesora dálles a cada unha un diploma e desde aquel día, as tres bruxiñas teñen máis poder ca nunca.

Laura Fernández Castelo, 5º A

A muralla de Lugo

Esta redacción foi finalista este ano nun concurso de redacción convocado polo  diario "O Progreso " de Lugo.


A muralla de Lugo

A muralla de Lugo é xa un símbolo para Galicia. Os seus máis de dous quilómetros, as súas setenta e cinco torres e o seu bo estado de conservación son unhas das moitas razóns polas que se converteu nun monumento histórico.

No ano 2000 conseguíu por fin ser nomeada patrimonio da humanidade pola súa beleza e historia.

Encantaríame vivir cando a construíron, ver como con moito esforzo é traballo, coas antigas ferramentas, a levantaron pouco a pouco. Gustaríame poder viaxar no tempo e observar cos meus amigos como traballaban e admirar como estaría recén rematada, con todas as pedras novas, os arcos completos, as portas de madeira e ferro…

 A muralla de Lugo é coma un gran xigante valente e ousado que protexe o seu corazón dos malvados que intenten conquistalo.

 Antes, cando perduraban as guerras, a muralla era un escudo xigante que protexía o pobo dos bárbaros e mantía feliz á xente.  Era un símbolo de liberdade; de esforzo e de traballo. Unha verdadeira obra de arte construída polos antigos poboadores de Lugo.

 Agora, mentres lugueses e visitantes pasean por enriba dela segue a ser un símbolo, un exemplo de fortaleza do pobo galego, de que xuntos  podemos conseguir moitas cousas , paso a paso e pedra a pedra, e que as cousas ben feitas e para o ben do pobo perduran a través do tempo para sempre xamais.

Ariadna Díaz Terrazo, 5º A

mércores, 9 de maio de 2012

A bruxa Caratuxa


Dise que desde tempos remotos vive no medio dun bosque unha bruxa chamada Caratuxa. A lenda conta que converteu ao seu gato nun gato vermello. Cando o converteu nun gato vermello, Caratuxa decidiu emprender unha viaxe cara ao consello  dos sabios máis sabios; cando estaba a punto de saír da súa casa oíu un berro que dicía “socorro”, entón Caratuxa foi correndo cara onde viñan os berros, pois era moi amable e quería axudar a quen o necesitase; entón viu un dragonciño chorando e preguntoulle:

_Que che pasa dragonciño?

_Fíxenme dano na perna e non a podo mover_ contestou o dragón.

Entón a Caratuxa ocorréuselle unha idea e pediulle ao dragón que fora con eles, ao consello dos sabios e o dragón aceptou, pero non podía mover a perna e Caratuxa xa pensara en iso e tróuxelle unhas muletas. O dragón agradeceulle  a súa axuda e foi con eles, atravesaron vales e montañas ata que chegaron a un outeiro. Caratuxa explicou que detrás do souto estaba o consello dos sabios máis sabios, escalaron o monte e descenderon cara o consello.

Unha vez alí dividíronse e o dragón foi á enfermería e Caratuxa a preguntar como devolver ao seu gato á cor orixinal.

O dragón só tiña unha pequeña escordadura e pronto saíu da enfermería, pero Caratuxa tardou un pouquiño máis porque lle dixeron que ao gato lle gustaba a súa nova cor porque era o único gato vermello do mundo. Encontráronse de novo na praza Maior e Caratuxa explicoulle ao dragón porque Xosé seguía sendo vermello e dende aquel día fixéronse  grandes amigos.

David García Remo, 5ºA

martes, 8 de maio de 2012

Un pirata moi especial


Había unha vez un pirata chamado Medoso, era fraco, feo e vestido sempre de negro.

Un día estaba navegando coa tripulación nun mar con ondas de seis ou sete metros e tiveron que amarrar o barco nunha illa. Cando amainou o temporal os compañeiros marcharon sen el..

Uns días despois atopouse cun can que resultaba ser un bruxo.

Medoso preguntoulle:

_ Como te chamas?

_Chámome Ralf. E ti?

_ Eu chámome Medoso.

_ E que te trae por aquí?_ inquiriu Ralf interesado.

_ Eu son un pirata, pero os meus compañeiros deixáronme abandonado.

_ Ti un prirata? Non me fagas rir.

_ Non o parezo, pero si son un pirata.

_ E eu Cristiano Ronaldo _ contestou Ralf ríndose.

_ Só que teño moito medo- aclarou Medoso.

_ Un pirata non ten  medo, axudareiche.

_Moitas grazas_ contestou Medoso.

_ Vouche dar unha poción.

_ Para que? Preguntou Medoso.

_ Para quitarche o medo.

_ Moitas grazas_ agradeceulle Medoso.

A partir dese día, Medoso encontrara o que encontrara non tiña medo a nada.

Hugo Mariñas Romero, 5º A

Un lugar estraño


Hai moito tempo un neno chamado Luís encontrou unha porta estraña, que tiña forma de rombo e non se atrevía a traspasala. Un día contoullo a Elena, a súa mellor amiga.

_ Temos que descubrir que hai detrás- dixo Elena.

_ Non…é se hai  algo perigoso?_ preguntou Luís.

_ Pois volvemos a saír _ contestou Elena.

_ Vale, entremos _ respondeu Luís.

Cando entraron non había nada, era un lugar en branco.

_ Oxalá houbera un banco para sentarme _ dixo Luís.

 De súpeto apareceu un banco.

_ Creo que este é un lugar para crear_ interviu estrañada Elena.

_E que é un lugar para crear?_ inquiriu  Luís.

_Un lugar para crear é un sitio no que o que imaxinas aparece _ respondeulle Elena.

Seguiron imaxinando  ata que de repente …

_ Temos que saír de aquí antes de que desaparezamos nós tamén !_ berrou Luís.

_Vale!_ exclamou Elena.

Rubén Sánchez da Silva, 5ºA

xoves, 3 de maio de 2012

As tres bruxas e a gatiña


Unha vez nun bosque encantado vivían tres bruxas, eran irmás, tiñan o pelo castaño e unha verruga no nariz.  Levaban un traxe negro e o seu sombreiro e as súas botas negras tamén. Eran xemelgas e diferenciábanse nas súas longas unllas; Tere tíñaas azuis, Nora verdes e Concha moradas.

 Un día viaxaron a outro bosque encantado para coñecer máis bruxas, pero o que si había era un Castelo abandonado, que tiña un laboratorio cun caldeiro para facer feitizos e apócemas, e Tere propuxo:

_ Nora, Concha, xa que este Castelo é para nós, que tal se facemos algún feitizo?

_Vale, eu quero converter unha cadeira nunha mascota, pero en que mascota?_ preguntou Nora.

_ Xa sei, poderiamos convertela nunha gatiña negra!_ exclamou Concha.

E así as bruxas converteron a cadeira nunha gatiña e chamáronlle Sisi.

_ Ben, ben, ben!_ berraban as bruxas de alegría. E dende aquela coidaron a Sisi cos seus bos corazóns de bruxas.

Sandra Tresancos García, 5º A

mércores, 2 de maio de 2012

A gran viaxe de Omar


A gran viaxe de Omar

_Ola, chámome Omar, e son una pinga de auga. Vivo no Océano Atlántico, como outras moitas pingas, coas que me encanta xogar. Son una pinga rebuldeira, aventureira e bulebule. Hai algún anos ocorreume unha aventura extraordinaria.

  Houbo un tempo no que os humanos non nos respectaban. Malgastábannos e moitas das miñas amigas estaban contaminadas. Non podíamos aguantar máis aquela situación e  O conxunto de Importantes Pingas de Auga(Cipa) convocou unha reunión. O presidente Ola Salgada interviu:

_ Temos que facer algo!

_Non nos dan importancia!_ berraba a vicepresidenta

_ Temos que declarar a guerra_ propuxo unha xeneral

Entón a pinga máis sabia preguntou:

_ E por que non emigramos?

A proposta saíu aprobada pola maioría e, ao día seguinte marchamos cara o noso novo fogar.  Nuns minutos cruzamos o Océano Atlántico e a nosa viaxe continuou por unha terra deserta.  Nela non había animais e só unhas poucas plantas; de repente unha gotiña evaporouse! Ía tanta calor que se evaporaban todas. Algunhas escapamos de alí correndo e despois dalgúns minutos chegamos a un oasis. Alí, unhas poucas plantas sobrevivían como podían. Ao vernos berraron:

_ Auga!

 E entón a terra tragounos. Alí as raíces das plantas intentáronnos beber, pero conseguimos escapar . Ao asomar a cabeza por encima da terra vimos unha aldea chea de xente que se puxo contentísima ao vernos. A partir daquel día vivimos felices, xa que aquí nos trataban moi ben.

Ariadna Díaz Terrazo, 5ºA

venres, 27 de abril de 2012

DIA DEL LIBRO

"Los libros me enseñaron a pensar y el pensamiento me hizo libre".
"Amar la lectura es cambiar horas de aburrimiento,por  horas deliciosas."
"Un libro abierto es un cerebro que habla,cerrado un amigo que espera,olvidado un alma que perdona,y destrozado un corazón que llora."
"La lectura de un buen libro es un diálogo constante en el que el libro habla y el alma contesta."
"Siempre imaginé que el Paraíso sería algún tipo de biblioteca."

sábado, 28 de xaneiro de 2012

Todos iguais

Xuntas as mentes,
xuntas as mans,
brancos e negros
somos todos iguais.

Nin crenzas, nin credos,
nin deuses, nin razas,
pensamos o mesmo;
somos seres humanos.

Xuntos vivimos,
xuntos crecemos,
xuntos loitamos,
sen armamentos.

Daniel Vigo Lage, 5º A

Respecta aos teus inimigos

Paz é amor,
seguridade e liberdade,
é a mellor guía
para a túa vida.

Se non queres guerras,
loitas e pelexas,
se non queres racismo
respecta aos teus inimigos.

A paz é o mellor,
a paz é amor,
é a mellor guía
para a túa vida.

Rubén Varela Moscoso, 5ºA

Hai que perdoar

Paz e seguridade,
se queres liberdade.

Nada de armamento
e moito respecto.

Nada de rencor,
só amor.

Primeiro perdoar
e logo cooperar.

Nada de inxustiza,
só xustiza.

Paz en vez de guerra
para non ter problema.

Se queremos a Paz
hai que perdoar.

Jonathan Naya Fernández, 5º A

A pomba branca

Coa paz
ti podes axudar
a un mundo sen guerras
e tamén sen pelexas.

A pomba branca,
símbolo da paz
coa ramiña do olivo
sempre sabe perdoar.

David García Remo, 5ºA

Paz en vez de guerra

A Paz
Paz en vez de guerra,
amor en vez de odio.

A Paz é amor,
non orixines loitas;
temos que estar unidos,
familia e amigos.

Pensa no que che gusta máis.
Se é a Paz, axuda a mantela,
se é a guerra, pénsao ben
porque podes perder ti tamén.

Yennifer Angelina Quintana de la Cruz, 5ºA

A Paz é compañerismo

A Paz
A Paz é Gandhi,
a Paz non é racismo.

A Paz é amor
e compañerismo.

Hugo Mariñas Romero, 5ºA

A Paz, unha pomba branca

No símbolo da Paz
unha pomba branca está
cunha ramiña de olivo no peteiro
vai levando a Paz.

Respecto, seguridade,
xustiza, liberdade,
amor, cooperación,
desarme, perdón,
todas con corazón
nos levan á Paz.

Ana Areoso López, 5ºA

A verdade

A Paz
Paz, ti loitas coa verdade,
ti loitas coa bondade,
ti loitas co amor.
Rubén Sánchez da Silva, 5ºA

A Paz

A Paz
Paz, amor, seguridade e cooperación,
neste mundo ten que haber perdón.

Non queremos inxustiza,
queremos ledicia.

Non máis guerras, nin loitas, nin violencia,
nin pobres nesta terra.

Queremos liberdade e igualdade!

Sandra Tresancos García, 5ºA

A Paz o camiño

A Paz é o faro
que ilumina o camiño.
Se ser feliz
é o teu destino.

Paz si, guerras non,
sexamos amigos, pidamos perdón.

Polo camiño da paz
todo é mellor.
A guerra é tristeza,
a Paz é amor.

Paz si, guerras non,
sexamos amigos, pidamos perdón.

Se queres xustiza
deixa a preguiza.
Se queres dereitos
desarma os armamentos.

Paz si, guerras non,
sexamos amigos, pidamos perdón.
Ariadna Díaz Terrazo, 5ºA

mércores, 18 de xaneiro de 2012

A Terra

A Terra
A nosa Terra,
o noso fogar.
Quérote tanto
que vou voar.

Cos paxariños
coa natureza,
cos animaliños
entre a maleza.

Ti es fermosa
e marabillosa,
es especial,
quérote abrazar.

Yennifer Quintana de la Cruz, 5ºA

A Terra

A Terra
A Terra é bonita,
a Terra é fermosa.

E nela encontrarás
calquera cousa.

Na Terra vivimos,
na Terra rimos.

Que ben o pasamos
cos nosos amigos!

Hugo Mariñas Romero, 5ºA

A Lúa

Polo camino andando
na noite escura,
a túa luz ségueme
e non quedo ás escuras.

Polo camiño danzando
na noite estrelecida,
a túa luz divírteme
e xogamos ás escondidas.

Rubén Sánchez Da Silva, 5ºA

martes, 17 de xaneiro de 2012

Xúpiter o gran planeta

Xúpiter, gran coloso
no ceo álzase grandioso.
Rei poderoso
do sistema solar.

O xigante do espazo
vixía moi atento
calquera movemento
que o faga sospeitar.

Ariadna Díaz terrazo, 5ºA

O Sol

O Sol é un luceiro,
radiante e amarelo.
O Sol é unha estrela,
redonda e moi bela.

Brilla no espazo,
grande e soberano.
Dá luz e calor,
ao que ten arredor.

Sandra Tresancos García,5ºA

Os planetas

Mercurio,o máis pequeniño
é coma un chichariño.

Venus, o máis brillante
é como unha flor radiante.

A Terra, o noso planeta
é alegre coma unha pandeireta.

Marte, o planeta vermello
é coma o máis vello.

David García Remo, 5ºA

A Terra

A Terra é un planeta
habitado e fermoso,
na Vía Láctea está,
e é un pouco rochoso.

Con terra e moito mar,
homes e animais,
a terra intenta coidar.
Procura non contaminar!
Saturno
Saturno ten aneis,
ponos cada noite,
é mellor ca mil reis,
e parece de lonxe un monte.

Jonathan Naya Fernández, 5ºA

Urano

Co meu ollo de cristal,
miro o ceo pola noite.
Atópote entre as estrelas,
tiven moita sorte.

Quen puidera ir ao ceo
e bailar con todos vós.
Xogar ás agachadas
e voar ata o Sol.

Urano maxestuoso,
cos teus discos vas bailar.
Pídello a Marte
que non deixa de mirar.

Daniel Vigo Lage, 5ºA

Alumnos de 5º A de visita á Cruz Vermella

O 13 de xaneiro os alumnos de 5ºA realizamos unha visita á Cruz Vermella.
Primeiro puxéronnos un vídeo onde nos explicaban a historia da Cruz Vermella desde a súa fundación ata hoxe en día.
Despois fomos a unha sala de coordinación onde reciben as chamadas de persoas maiores que viven soas .
A continuación pasamos ao centro de día onde atenden a maiores e teñen unha serie de aulas: comedor con servicios especiais, aula de informática, sala de terapia ocupacional onde melloran a capacidade física e mental, sala de fisioterapia…
O que máis nos chamou a atención foi como se esforzaban nos seus traballos, como se relacionaban e o simpáticos que resultaban.
É admirable que haxa persoas que se presten voluntarias para axudar a outras necesitadas.
Alumnos/as de 5º A

xoves, 12 de xaneiro de 2012

Mis Navidades

Mis navidades
La Navidad es una de mis épocas favoritas. En estas fechas la felicidad y la alegría llenan los corazones de la gente.
Esta Navidad he ido con mi familia a Ourense a pasar Nochebuena con mis abuelos, mis tíos y mis primos. Allí nos lo pasamos genial. Cuando te levantas por la mañana y ves los regalos es un momento mágico. Los regalos que más me han gustado son: una maqueta, el libro de “El diario secreto de Pulgarcito” y un bloc de acuarela.
Luego volvimos a Coruña. En fin de año hicimos una pequeña fiesta, bailamos, reímos y, sobre todo, nos divertimos un montón.
Después regresamos a Ourense por Reyes, más comida, más regalos y más diversión.
Al volver aprovechamos el poco tiempo que quedaba antes del colegio haciendo un viaje en coche por Galicia, fuimos a Meira, a Arzúa, a Santiago…En definitiva estas navidades he hecho un mogollón de cosas: he ido a mi aldea, he ganado un premio de dibujo, pero ninguna mejor que abrir los regalos con la familia.
Ariadna Díaz Terrazo, 5º A

mércores, 4 de xaneiro de 2012

O CONCURSO DA MASCOTA

Durante o primeiro trimestre deste curso 2011-2012 realizouse o concurso da mascota. Nel participaron tódolos nenos e nenas do colexio. Despois de ir superando as distintas fases de selección os debuxos elexidos como finalistas foron os seguintes:

     - "ERIZUS" realizado por Martín Férnandez Casás de 5 anos de Educación Infantil
     - "LHÉCTOR" realizado por Adrián Santos Lage de 4º B de Educación Primaria
     - "DRACO" realizado por Ariadna Díaz Terrazo de 5º A de Educación Primaria












Dende o Equipo da Biblioteca queremos darvos as grazas a todo o profesorado e a todo o alumnado pola vosa participación xa que sin ela non sería posible a realización do mesmo.

Como gañadora resultou "DRACO" e polo tanto ésta pasará a ser a mascota da nosa biblioteca.

                                              GRAZAS A TODOS E TODAS NOVAMENTE

                                                                                   Un Saúdo
                                                                            
                                                                                   O Equipo da Biblioteca

Novo horario de préstamo

O vindeiro luns 9 de xaneiro de 2012 amplíase o horario de préstamo na nosa biblioteca.

    Ata agora os alumnos do 2º e 3º ciclo de Primaria podían acceder ao préstamo de forma autónoma  so durante recreo, e os nenos/as de Infantil e 1º ciclo de Primaria pódeno facer ao longo da mañá pero sempre coas súas titoras.

    Pois ben a estas modalidades de préstamo hai que engadirlle unha nova para os alumnos/as "maiores":

              - calquer alumno ou alumna do noso colexio do 2º e 3º ciclo de Primaria pode acudir tamén pola tarde, de 16:00h a 18:00h, co seu carnet e levar un libro emprestado para casa por un máximo de tempo de 15 días.

Aproveitando este novo espacio de tempo (de 4 a 6 da tarde) queremos facer unha invitación especialmente dirixida ás familias dos nosos alumnos e alumnas. Esperamos que vos pasedes pola biblioteca cos vosos fillos/as e así que podades coñecer todas as seccións coas que contamos, os libros aos que eles teñen acceso e tamén que lles orientedes nas súas eleccións.

Ademáis lembrade que se alguén perdeu o carnet, non ten máis que pasarse pola biblioteca e pedir unha copia.

                                                                                   Un saúdo

                                                                                   O Equipo da Biblioteca