Páxinas

Pages - Menu

mércores, 9 de maio de 2012

A bruxa Caratuxa


Dise que desde tempos remotos vive no medio dun bosque unha bruxa chamada Caratuxa. A lenda conta que converteu ao seu gato nun gato vermello. Cando o converteu nun gato vermello, Caratuxa decidiu emprender unha viaxe cara ao consello  dos sabios máis sabios; cando estaba a punto de saír da súa casa oíu un berro que dicía “socorro”, entón Caratuxa foi correndo cara onde viñan os berros, pois era moi amable e quería axudar a quen o necesitase; entón viu un dragonciño chorando e preguntoulle:

_Que che pasa dragonciño?

_Fíxenme dano na perna e non a podo mover_ contestou o dragón.

Entón a Caratuxa ocorréuselle unha idea e pediulle ao dragón que fora con eles, ao consello dos sabios e o dragón aceptou, pero non podía mover a perna e Caratuxa xa pensara en iso e tróuxelle unhas muletas. O dragón agradeceulle  a súa axuda e foi con eles, atravesaron vales e montañas ata que chegaron a un outeiro. Caratuxa explicou que detrás do souto estaba o consello dos sabios máis sabios, escalaron o monte e descenderon cara o consello.

Unha vez alí dividíronse e o dragón foi á enfermería e Caratuxa a preguntar como devolver ao seu gato á cor orixinal.

O dragón só tiña unha pequeña escordadura e pronto saíu da enfermería, pero Caratuxa tardou un pouquiño máis porque lle dixeron que ao gato lle gustaba a súa nova cor porque era o único gato vermello do mundo. Encontráronse de novo na praza Maior e Caratuxa explicoulle ao dragón porque Xosé seguía sendo vermello e dende aquel día fixéronse  grandes amigos.

David García Remo, 5ºA

1 comentario: