Páxinas

Pages - Menu

domingo, 7 de novembro de 2010

O mito de Chuvisquimé

Chuvisquimé era unha rapaza que tiña unha familia de millóns de fillos e fillas, tan pobre que apenas tiñan auga para beber.
 Entón un día Chuvisquimé díxolle a Neptuno (Deus grego da auga) :
_ Oh! Neptuno, deus dos ríos , mares, fontes e mananciais.
_Que queres, ser mortal?_ Contestoulle Neptuno.
_ A min trátasme con respecto.
_ Por falarme desa maneira voute castigar a ti e á túa familia, converténdovos no que menos tedes, en auga!_ Sentenciou o deus.
 Entón desde aquel día Chuvisquimé e a súa familia  transformáronse en auga que ía ao río, despois ao mar...
Así foi como naceu o ciclo da auga.
Brais Calvo Teijeira, 6º A

4 comentarios: