Páxinas

Pages - Menu

xoves, 4 de novembro de 2010

A incrible historia de Rocío, unha gotiña de auga

 Amañecía no xardín, Rocío encontrábase moi aburrida, suspendida dunha folla nunha árbore. Levaba un bo anaco mirando cara ao chan.
 _ Hai que ver que húmida estou, como me colla o frío...!_ É que a Rocío non lle gusta nada o frío porque queda moi ríxida.
 De súpeto viu  como os primeiros raios do Sol quentaban o chan. A decisión estaba tomada, soltaríase da folla e caería ao chan para non ter máis frío.
 _ Alá vou...!!!_ berrou Rocío mentres se despedía das súas irmás, que quedaban nas follas.
 A travesía foi moi agradable e a aterraxe celebrada por outras que viñan das pozas e da fonte do xardín.
 _ Es moi valente!
 A gotiña sorría e dicía:
 _ Non é para tanto, vós fariades o mesmo.
Cando levaba un anaquiño coas súas amigas e xa non notaba frío, sentiu a necesidade imperiosa de subir. Acompañárona algunhas amigas e comezaron a subir e subir...pensou nalgún momento que nunca deixaría de subir, pero non foi así.
 Encontráronse con millóns e millóns de gotiñas que viñan formando unha enorme nube.
 _Ola, rapazas! Onde ides todas xuntiñas?
 _ Imos cara ao mar do Norte empuxadas por un anticiclón procedente das Azores. Nos próximos días non están previstas precipitacións.
 _Podo ir con vós?
 _ Non che queda outra, o anticiclón é moi forte.
Viaxaron xuntas atravesando cordilleiras, bosques e pronto deixaron a Terra atrás e introducíronse no mar.
 _Que será iso?_ Preguntou Rocío asustada.
 _ É unha enorme borrasca procedente do Norte de Europa!
 _ Imos chocar con ela?
 _ Non sabes a que se vai lear! _ Efectivamente cando a borrasquiña na que viaxaba Rocío  chocou coa enorme borrasca do Norte parecía que ía ser a fin do mundo.
 Houbo vento, lóstregos e a temperatura baixou de golpe.
 _Que che pasa, tes mala cara?_ Preguntoulle Rocío a unha das súas compañeiras.
 _ Non sei, síntome moi pesada.
 _ Tes razón, eu tamén estou mareada, creo que me vou precipitar!
As nubes descargaron as gotiñas que caeron ao mar do Norte.
 Ao principio sentiu frío, pero unha vez que se acostumou parecíalle unha temperatura ideal; o mar tiña unhas enormes ondas e animais cos que podían xogar. Os millóns de gotiñas que había no mar déronlle a benvida ás gotas da borrrasca.
Rocío contenta exclamou:
 _ Eu quero ser coma vós!! Que salgadas sodes!

Carlota Lema Arranz 6º A

10 comentarios:

  1. Noraboa Carlota, qué historia tan fermosa!. Non deixes nunca de imaxinar e escribir.
    Que a creatividade que expresas medre contigo.

    ResponderEliminar
  2. Moi ben escrito! Gustoume o nome da protagonista.
    Parabéns, Carlota.

    ResponderEliminar
  3. Carlota, se segues escribindo contos como este
    chegarás a ser unha boa escritora.
    Biquiños.
    Mari Carmen Vázquez

    ResponderEliminar
  4. Gracias
    Carlota lema 6 ah

    ResponderEliminar
  5. Me gusto mucho tu cuento,enhorabuena.

    Clara Canzobre Castelo 5ºA

    ResponderEliminar
  6. Enhorabuena,muy bonito.

    Clara Canzobre Castelo 6ºA

    ResponderEliminar
  7. Claratiene razon es muy bonito,por eso lo colgaron

    Ana Alvarez Fojon 6ºA

    ResponderEliminar
  8. Está genial.Enhorabuena.
    Sabela García Blanco 6ºA

    ResponderEliminar
  9. Ha quedado precioso.Noraboa.
    Sandra 4º B

    ResponderEliminar
  10. Me encanto tu cuento Carlota.Sigue escribiendo.Noelia Santos Lage 6ºA

    ResponderEliminar