Páxinas

Pages - Menu

martes, 2 de novembro de 2010

A AVENTUREIRA GOTA XE

 Érase unha vez Xe, unha gotiña de auga que ía descubrindo o mundo: descubriu todos os mares, foi pola atmosfera e, cada vez, caía nun país distinto.
 Un día, pasou algo raro: a gotiña caeu nun lugar diferente. Caeu nun encoro. Alí coñeceu a novos amigos e atopou outras antigas. Unha gota, a máis grande de todas, dixo en voz alta:
 _ Todas vostedes van ser utilizadas para que a xente poida beber. Pasarán por tres fases, despois botarémoslle cloro e, por último, serán embotelladas.
 Todas as gotiñas estaban asustadas agás Xe.
   Xe estaba contenta e emocionada, xa que nunca estivera nun encoro, e pensaba que xa o coñecía todo. Ao pasar pola primeira fase os paus, as botellas e as cousas grandes, quedaron atrás. Na segunda fase, as follas e as cousas de tamaño un pouco máis pequeno tamén foron quedando. E na terceira fase, Xe estaba a xogar á pita cega e non puido ver o que pasaba, pero decatouse que todas estaban máis limpas.
 Unha vez rematadas as tres fases, tocoulles a cada mil millóns de gotiñas mesturarse cunha gotiña de clora. Saíron a unha especie de piscina para ser embotelladas. Ao ser embotelladas volveron a xogar á pita cega para non marearse.
 Cando parou o coche que as transportaba, sacaron as botellas e metéronas no centro comercial.
 Pasaron os días e Xe seguía alí, no andel. Ata que un neno sedento colleu a botella e bebeuna enteira, agás unha gota: Xe.
 O neno levou a botella para a súa casa e segue a reenchela, pero Xe segue sen deixarse beber por el.
 Sabela García Blanco, 6º A

8 comentarios:

  1. Esta é unha boa forma de empezar o blog da Biblioteca con un conto moi fermoso.
    Noraboa Sabela!

    ResponderEliminar
  2. Moi ben, Sabela. Aprender cousas novas axuda a escribir contos máis documentados. Parabéns!

    ResponderEliminar
  3. Moi ben é divertido e aprendemos a vez.Parabéns!

    ResponderEliminar
  4. Muy bonito y original Sabela.

    Clara Canzobre Castelo 6ºA

    ResponderEliminar
  5. Esta muy chulo Sabela. Ana Alvarez Fojon 6ºA

    ResponderEliminar
  6. Moitas gazas a todos.
    Un saúdo.
    Sabela García Blanco 6ºA

    ResponderEliminar
  7. Si,Sabela,te ha quedado muy bonito.
    Sandra 4ºB

    ResponderEliminar
  8. Muy chulo Sabela.Enhorabuena.
    Noelia Santos Lage 6º A.

    ResponderEliminar