Érase unha vez Xe, unha gotiña de auga que ía descubrindo o mundo: descubriu todos os mares, foi pola atmosfera e, cada vez, caía nun país distinto.
Un día, pasou algo raro: a gotiña caeu nun lugar diferente. Caeu nun encoro. Alí coñeceu a novos amigos e atopou outras antigas. Unha gota, a máis grande de todas, dixo en voz alta:
_ Todas vostedes van ser utilizadas para que a xente poida beber. Pasarán por tres fases, despois botarémoslle cloro e, por último, serán embotelladas.
Todas as gotiñas estaban asustadas agás Xe.
Xe estaba contenta e emocionada, xa que nunca estivera nun encoro, e pensaba que xa o coñecía todo. Ao pasar pola primeira fase os paus, as botellas e as cousas grandes, quedaron atrás. Na segunda fase, as follas e as cousas de tamaño un pouco máis pequeno tamén foron quedando. E na terceira fase, Xe estaba a xogar á pita cega e non puido ver o que pasaba, pero decatouse que todas estaban máis limpas.
Unha vez rematadas as tres fases, tocoulles a cada mil millóns de gotiñas mesturarse cunha gotiña de clora. Saíron a unha especie de piscina para ser embotelladas. Ao ser embotelladas volveron a xogar á pita cega para non marearse.
Cando parou o coche que as transportaba, sacaron as botellas e metéronas no centro comercial.
Pasaron os días e Xe seguía alí, no andel. Ata que un neno sedento colleu a botella e bebeuna enteira, agás unha gota: Xe.
O neno levou a botella para a súa casa e segue a reenchela, pero Xe segue sen deixarse beber por el.
Sabela García Blanco, 6º A
Esta é unha boa forma de empezar o blog da Biblioteca con un conto moi fermoso.
ResponderEliminarNoraboa Sabela!
Moi ben, Sabela. Aprender cousas novas axuda a escribir contos máis documentados. Parabéns!
ResponderEliminarMoi ben é divertido e aprendemos a vez.Parabéns!
ResponderEliminarMuy bonito y original Sabela.
ResponderEliminarClara Canzobre Castelo 6ºA
Esta muy chulo Sabela. Ana Alvarez Fojon 6ºA
ResponderEliminarMoitas gazas a todos.
ResponderEliminarUn saúdo.
Sabela García Blanco 6ºA
Si,Sabela,te ha quedado muy bonito.
ResponderEliminarSandra 4ºB
Muy chulo Sabela.Enhorabuena.
ResponderEliminarNoelia Santos Lage 6º A.