Páxinas

Pages - Menu

xoves, 26 de febreiro de 2026

O NOSO PROXECTO DA BIBLIOTECA. ANDANDO A TERRA. BOLIVIA.

 Por se nalgún momento viaxades a Bolivia ou Perú, imos coñecer o lago máis grande do mundo, o Lago Titicaca, que está entre estes dous países.




martes, 24 de febreiro de 2026

DENTRO DO NOSO PROXECTO, ANDANDO A TERRA. CAPOEIRA NA BIBLIOTECA DA MAN DA NOSA ALUMNA DE 5ºB, NATALIA

Un dos aspectos máis fermosos da nosa comunidade educativa é a variedade de culturas que a conforman, iso fainos persoas máis sabias e respectuosas co diferente, porque desa diferencia é da que realmente aprendemos a formarnos como persoas. O proxecto que empezamos este ano, Andando a terra, non podía empezar de mellor xeito que coa participación dunha das nosas alumnas, Natalia de 5ºC. Ela e a súa familia forman parte de esa comunidade cultural que é a capoeira. Pero, se queredes saber máis, só tedes que ver este vídeo.

Moitas grazas, Natalia!!!




 

domingo, 22 de febreiro de 2026

CURTAS ANIMADAS


Esta curta animada do ano 2010, inspirada por Lotte Reiniger e curtametraxe de Anthony Lucas, é unha historia de amor nun mundo de engranxes e parafusos. Unha reflexión sobre a vida e o amor nun mundo moderno.




INVENTION OF LOVE


 

xoves, 12 de febreiro de 2026

O NOSO PROXECTO DA BIBLIOTECA. ANDANDO A TERRA. BOLIVIA.

 Comezamos a coñecer outro fascinante páis, Bolivia. Aquí vos deixamos un vídeo moi interesante para empezar a coñecer a súa cultura, ademais do que poidades preguntarlle aos compañeiros e compañeiras deste país.




martes, 10 de febreiro de 2026

O RECUNCHO DA NOSA COMPAÑEIRA E MESTRA ÁNGELES ROCA.

Unha comunidade educativa é, ou debe ser, ese espazo en que todas as persoas aprendemos, mais sempre pensamos que son os alumnos e alumnas as que van ao colexio a adquirir coñecementos, e iso, por suposto, forma parte do que é esa comunidade, mais sen afecto, comprensión, complicidade e ese tecer redes que tan ben soubo facer durante anos a nosa compañeira e mestra, Ángeles, a comunidade estaría incompleta.
As alumnas e alumnos que pasaron polas súas aulas, encontraron nela unha mestra sempre disposta a escoitalas e comprendelas, desde a calma e desde a empatía. Nós, as súas compañeiras, atopamos unha muller cun eterno sorriso e o tempo sempre ao noso favor para escoitarnos, e nunca faltou o sentido do humor, o respecto e a educación que fan que o día a día, a vida, sexa moito mellor.
Hoxe, inauguramos no colexio un espazo no que lembrar ou procurar, esa calma e empatía, que sempre transitou polos corredores do noso colexio da man da nosa compañeira, "O recuncho de Ángeles". 
Grazas, compañeira, segues en nós e con nós, sempre!!!

Tamén queremos agradecer á ONG, Arquitectura sen fronteiras, en especial a Marta, Sonsoles e Sabela; e á Fundación Érguete, con Rosaura e todo o seu equipo, que entre todas fixeron posible que hoxe teñamos este espazo no noso colexio.

Así, con cariño, espírito de comunidade, e persoas especiais, é como facemos comunidade educativa e afectiva, porque ao final, como título dun libro do escritor Agustín Fernández Paz, o único que queda é o amor, e son os seu fíos invisíbeis os que sempre nos manteran unidas.

Aquí vos deixamos un vídeo dunha mañá chea de emocións!




domingo, 8 de febreiro de 2026

CURTA ANIMADA

 Seguro que esta curta animada provocará en vós un reflexión.

Cal destes temas pensades que trata máis en profundidade a curta.

- amizade

- cobiza

- cambio climático



xoves, 5 de febreiro de 2026

DON'T WORRY BE HAPPY.

Esta semana, queremos despedila con esta mensaxe da plataforma Playing for Change, formada por músicos e cantantes do mundo enteiro, porque das cosas que nos unen, a música é unha delas.

Así, que xa sabedes, Don't worry be happy!!!



martes, 3 de febreiro de 2026

CURTA ANIMADA

 Non hai maior poder que o da felicidade e ser persoas positivas!

E vós, que pensades despois de ver esta curta animada?



domingo, 1 de febreiro de 2026

ENQUISA PLAN DE LECTURA

 Nesta ligazón poderedes ter acceso á enquisa para o Plan de lectura 


ENQUISA PLAN DE LECTURA