Páxinas

Pages - Menu

xoves, 30 de maio de 2024

FELIZ VERÁN!!!

 Este blog marcha de vacacións, pero ameazamos con volver para compartir con vós palabras, aloumiños, risas, xogos, recomendacións... e todo o que vos apeteza.

Gozade destas merecidas vacacións! E, ás compañeiras e compañeiros que marchades, desexámovos o mellor dos futuros, sodes luz e, como escribiu Luísa Villalta: non me abandono e formo parte. 

Formade parte do futuro, que con nós sempre estaredes!!!




martes, 28 de maio de 2024

HOXE ESTIVEMOS CON MARÍA CANOSA E A SÚA SAÍNZA A PUNKIERETEIRA

 Xa rematara o recreo e as cadeiras dalgunhas aulas movíanse nerviosas, esperavamos unha visita moi espececial, mais tamén xa familiar para nós, a escritora María Canosa. É a segunda vez que deixa voar as súas palabras pola nosa biblioteca, pero son as súas historias as que sempre están con nós.

Iso si, Saínza xa forma parte da nos tribo de lectores e lectoras que, como non, pediron máis historias desta rapaza tan especial!

Queremos agradecer o gtan traballo xornalísticos de Alejandra e Sergio, e por suposto a compañía de María Canosa!

Velaquí esta fermosa mañá!



luns, 27 de maio de 2024

PAPAROLA NA BIBLIOTECA

A nosa biblioteca, como espazo de encontros que é, para ler, xogar ao xadrez, compartir historias ..., tamén o é para realizar paparolas coma esta.
Temos a fortuna de ser unha comunidade educativa moi diversa, do que no sentimos moi orgullosas e, dentro desa diversidade esta tamén a comida dos distintos países.
Sen dúbida, foi toda unha experiencia probar recetas que descoñeciamos, nomes que só pronuncialos saben a gloria.

MOITAS GRAZAS A TODOS E TODAS POR COMPARTIR!!!!





 

domingo, 26 de maio de 2024

VIAJE A LA LUNA

 Para despedir o curso e noso proxecto da biblioteca, que mellor que facelo cunha película muda do ano 1902 en balnco e negro, aínda que nós imos vela en cor. É unha película de ciencia ficción dirixida por George Melies.

Narra a aventura dun grupo de astrónomos que viaxa á lúa nunha cápsula impulsada por cañones, explora a superficie do satélite, fuxe dun grupo subterráneo de selenitas (habitantes lunares) e regresa á terra cun selenita cautivo.

Esta película apareceu nalgunhas das listas das mellores películas e das máis importantes da historia do cine.

Ademais, pode considerarse, en certo modo, a primeira película de ciencia ficción da historia do cine.



xoves, 2 de maio de 2024

SEMANA DO LIBRO NA NOSA BIBLIOTECA

Rematamos as actividade de celebración do Día do Libro, que non o noso goce de ler libros. E o facemos cun libro do que gozamos moitas xeracións de lectoras e lectores. Pippi Mediaslongas, que tamén foi levada á televisión, acompañou moitas das tardes da nosa infancia. Nós, recomendamos empezar polo libro que escribiu a gran autora Astrid Lindgren.

O noso agradecemento ao alumnado de 5ºB de Educación Infantil!!!