E, para rematar a semana, aquí vos deixamos a banda sonora dunha das mellores triloxías do cine, El señor de los anillos.
Páxinas
▼
Pages - Menu
▼
xoves, 29 de febreiro de 2024
mércores, 28 de febreiro de 2024
ESCENAS DE PELICULA
Velaquí a escena da película "El señor de los anillos": Las historias que realmente importan, entre Sam e Frodo.
martes, 27 de febreiro de 2024
OS CINES CHAPLIN NO NOSO BARRIO
Esta sala de cine que vedes na imaxe, inaugurouse no ano 1985. Estaba na Ronda de Outeiro, 273. Foron os primeiros en ter dentro do mesmo local varias salas de cine, por iso se chamaban "Multicines Chaplin". En agosto do 2005, estes cines do barrio do Agra, proxectaron a derradeira función.
luns, 26 de febreiro de 2024
ESTIVO CON NÓS MANUEL RIVAS E A SÚA NENA LECTORA
Non podiamos celebrar mellor a Rosalía de Castro que coa visita do escritor Manuel Rivas a nosa biblioteca.
Na súa conversa con nós, reclamou un dereito que é fundamental para a vida das persoas, o dereito a soñar! E así pasamos a mañá, soñando coas palabras e as historias que nos contou Manuel Rivas, e as personaxes do seu conto que tanto loitaron por ese dereito a soñar.
Moitas grazas a Manuel Rivas e a todas as persoas que soñades cun mundo mellor para todas!!!
domingo, 25 de febreiro de 2024
ROSALÍA DE CASTRO, A BANDA DA LOBA E BOB DYLAN.
No ano 1880 publicouse Follas Novas, de Rosalía de Castro. Neste libro, a escritora incluíu un poema no que a imaxe dun "Pelouro que roda", representa a súa idea do desexo e o pracer, dando mostra do avanzado do seu pensamento para a época na que viviu. Non foi ata o ano 1965, no que Bob Dylan, o cantante americano, estreou o seu famoso tema "Like a Rolling Stone" (outra pedra que roda), que ademais deu nome a outra das bandas máis importantes do rock mundial, os Rolling Stone.
Así que como vedes, Rosalía de Castro foi unha visionaria!
Este vídeo clip que ides ver, foi grazas ao talento creativo do grupo A banda da loba, e aos centros de ensino primario da Estrada.
UN PELOURO QUE RODA. A BANDA DA LOBA
E, velaí a canción de Bob Dylan, Like a Rolling Stone, nun concerto do ano 1965.