Páxinas

Pages - Menu

domingo, 29 de xaneiro de 2023

MULLERES POLA PAZ



Malala Yousafzai, icona internacional, activista en prol do dereito á educación e a persoa máis nova en recibir o Premio Nobel da Paz, relata unha historia inspiradora do que foi crecer nunha rexión desgarrada pola guerra e, con todo, ver a maxia da esperanza onde queira que mirase. Cando Malala era nena en Paquistán quería ter un lapis máxico. Usaríao para: -pór un pestillo na súa porta; así os seus irmáns non poderían molestala. -deter o tempo para durmir unha hora máis cada mañá. -borrar o cheiro do vertedoiro que había preto da súa casa. Pero, co tempo, o seu mundo cambiou, o mesmo que os seus desexos. O seu dereito a ir á escola viuse ameazado? simplemente porque era unha nena. No canto dun lapis máxico, Malala colleu un de verdade. Soa na súa habitación, escribiu sobre os desafíos a que se enfrontaba, pero as súas palabras chegaron a xente de todo o mundo.




Indira Gandhi naceu no seo dunha poderosa dinastía política da India. Participou na loita pola independencia da India, que se logrou baixo a presidencia do seu pai. Tras o seu falecemento, Indira pasou a ser a primeira muller en presidir o país. Gobernou durante 15 anos, e suscitou tanto fervor como odio. O nacionalismo Sij foi unha das grandes loitas que mantivo durante o seu goberno e a que a levaría á morte. En 1984, Indira, quixo porlle freo ao terrorismo perpetrado por esta facción nacionalista. Faleceu asasinada en 1984.



Jane Addams, foi a primeira muller americana en recibir o Premio Nobel da paz, por transformar unha veciñanza pobre en Chicago abrindo a súa casa como centro comunitario, fundou Hull House, unha das primeiras casas de acollida para inmigrantes nos Estados Unidos, con gardaría infantil e diversos programas de educación.



Como activista pola paz, Carmen
Magallón (Alcañiz, 1951), doutora en Ciencias Físicas, viaxou a zonas de conflito, onde a violación foi utilizada como arma de guerra. Pero insiste nunha mensaxe: as mulleres non só son vítimas, senón que contribúen activamente na procura dunha solución pacífica. "Son construtoras de paz", afirma.

xoves, 26 de xaneiro de 2023

RAKONTO VERDE

As plantas non medran tan rápido, e si, estamos desexando que chegue a primavera! Pero que fermoso é este time lapse de crecemento rápido das flores. Feliz fin de semana!




martes, 24 de xaneiro de 2023

O NOSO PROXECTO DA BIBLIOTECA

Seguimos coa empatía, porque tela  é moi importante para entendernos e ser quen de poñernos no lugar do noso amigo ou amiga, das nosas compañeiras e compañeiros. Non somos iguais, cada persoa é diferente, e isto é o que nos fai máis interesantes se somos quen de entender o que lle acontece a outra persoa, aínda que non pensemos igual.


UNHA HISTORIA SOBRE A EMPATÍA




luns, 23 de xaneiro de 2023

COMUNIDADE DE BOOKTUBERS

Hoxe, na nosa comunidade de Booktubers, unha compañeira que xa non está na nosa escola, pero que deixou esta alegre recomendación, Fraileny de 3ºA.


Moitas grazas, Fraileny!!!






domingo, 22 de xaneiro de 2023

CURTAS ANIMADAS

Xa que estamos preto de celebrar o día da Paz, aquí vos deixamos un vídeo que fala sobre a empatía, unha actitude que de exercela máis, sen dúbida evitaría moitas guerras e conflictos.


LA CAJA




xoves, 19 de xaneiro de 2023

RAKONTO VERDE

A natureza en Galiza, como en outros lugares, ten espazos increiblemente fermosos. Neste vídeo poderedes ver algúns deles, que tamén poden ser boas ideas para visitalos nas vacacións.









martes, 17 de xaneiro de 2023

O NOSO PROXECTO DA BIBLIOTECA

Hoxe, antes de escoitar este vídeo, imos falar sobre o significado da palabra "incertidumbre". Despois do vídeo, sería interesante que falásedes sobre todas as emocións das fala neste vídeo.




luns, 16 de xaneiro de 2023

COMUNIDADE DE BOOKTUBERS

 Volvemos coa nosa, sempre interesante, Comunidade de Booktubers. Hoxe a recomendación ven da man da nosa compañeira Nora, de 3º A.


Moitas grazas, Nora!!!