As plantas e as palabras que as nomean, son iguais de fermosas. O noso alumnado de 3ºA fixo estes letreiros marabillosos que podemos ler antes de entrar na biblioteca: romeu, pemento, cabaza, margaridas, amorodos, menta, loureiro... todas estas palabras levan con elas o recendo da planta que as nomea.
Páxinas
Pages - Menu
xoves, 29 de abril de 2021
mércores, 28 de abril de 2021
XEOGRAFÍAS BIOGRÁFICAS. XELA ARIAS.
Nas vindeiras semanas imos coñecer un pouco máis á poeta Xela Arias a través duns vídeos que gravou a Real Academia Galega. Velaiquí o primeiro:
martes, 27 de abril de 2021
GATIÑAS, PÍNTEGAS E VAMPIRAS. O NOSO PROXECTO DA BIBLIOTECA
Hoxe, imos gozar dun interesante vídeo do alumnado da aula de 5º B, sobre o libro Vampira de biblioteca de Ledicia Costas que ben seguro vai conseguir que saiades correndo á biblioteca na súa procura!
luns, 26 de abril de 2021
A NOSA COMUNIDADE DE BOOKTUBERS RECOMENDA...
Que orgullosas estamos da nosa comunidade de booktubers! E medrando!
Hoxe o compañeiro de 6º, Alex!
domingo, 25 de abril de 2021
xoves, 22 de abril de 2021
23 DE ABRIL. DÍA DO LIBRO
Non hai mellor forma de ser lectoras e lectores que compartindo as nosas lecturas e a emoción que nos producen!
Velaquí a proba!
Moitas grazas a todas e a todos!
luns, 19 de abril de 2021
SEMANA DO LIBRO NO NOSO RAKONTO.
domingo, 18 de abril de 2021
SEMANA DO LIBRO NO NOSO RAKONTO
Empezamos a semana do libro cunha curtametraxe que xa é un clásico no noso blog, pero gústanos moito a todas e a todos, así que un ano máis...
OS FANTÁSTICOS LIBROS VOADORES DO SEÑOR MORRIS LESSMORE
Se queredes gozar coa lectura desta historia, só tedes que pedir o libro na biblioteca!
xoves, 15 de abril de 2021
RAKONTO VERDE
Este venres no Rakonto Verde queremos falarvos dun animal que é fundamental para a nosa existencia como seres humanos, a abella. E, para que a coñezades mellor, aquí tedes este vídeo que esperamos escoitedes con moita atención.
mércores, 14 de abril de 2021
SEMANA DO LIBRO NA NOSO RAKONTO.
Hoxe queremos deixarvos imaxes con textos sobre libros, para que reflexionedes sobre a importancia da lectura na nosa vida e na de toda a sociedade.
Neste vídeo veredes que a través dos libros tedes moitos mundos de cores, de escoita, de viaxes... e, que si, coa lectura podemos mudar e abrir as nosas ideas!
XEOGRAFÍAS BIOGRÁFICAS. XELA ARIAS.
Sabedes que hai moitos grupos musicais que cantan os poemas de Xela Arias!
Velaí a Banda da Loba! Coñecedes a este grupo?
Do seu poemario Intempériome. Hasme oír.
martes, 13 de abril de 2021
GATIÑAS, PÍNTEGAS E VAMPIRAS. O NOSO PROXECTO DA BIBLIOTECA
Aquí vos deixamos unhas actividades que propoñen as compañeiras e compañeiros de 5ºA para o noso proxecto. A ver canto sabedes?
domingo, 11 de abril de 2021
CONTOS ANIMADOS
Seguir ao noso corazón é moi importante, e como sabedes os animais tamén teñen, coma nós, sentimentos. nesta curtametraxe animada hai un tipo de cans moi especiais!
FOLLOW YOUR HEART!