Páxinas
Pages - Menu
xoves, 25 de marzo de 2021
RAKONTO VERDE
mércores, 24 de marzo de 2021
XEOGRAFÍAS BIOGRÁFICAS. XELA ARIAS
Aquí vos deixamos outro fermoso poema do libro Dario a diario, da poeta Xela Arias. Á que como xa sabedes se lle dedican este ano as Letras Galegas 2021.
Que pensades que quere dicir a poeta Xela Arias neste poema?
Nada que ver coa posesión.
Non te posúo non quero.
Cóidote, ámote e manteño a esperanza
de aprender a te posuíres.
martes, 23 de marzo de 2021
GATIÑAS, PÍNTEGAS E VAMPIRAS. O NOSO PROXECTO DA BIBLIOTECA
Hoxe as compañeiras e compañeiros da aula de 5ºA, deixanvos unha tarefas moi chulas sobre o libro que estades todas e todos a ler Vampira de biblioteca, da autora Ledicia Costas.
Moitas grazas por ese magnífico traballo que estades a facer entre todas e todos!!!
luns, 22 de marzo de 2021
OS E AS NOSAS BOOKTUBERS RECOMENDAS...
domingo, 21 de marzo de 2021
CONTOS ANIMADOS
O sabado 20 de marzo, ás 10:37, empezou unha das estacións máis fermosas, a primavera. Aquí vos deixamos un curtametraxe moi fermosa titulada, Spring.
mércores, 17 de marzo de 2021
XEOGRAFÍAS BIOGRÁFICAS. XELA ARIAS
Do libro Dario a diario, de Xela Arias.
Imos, meu ben, camiñar sereno
pola cidade sen ramplas nas aceras. Imos
comeza-lo xeito da túa vida, e mírame,
mesmo as bolsas dos meus ollos serán monecos
dos teus días xunta min.
martes, 16 de marzo de 2021
GATIÑAS, PÍNTEGAS E VAMPIRAS. O NOSO PROXECTO DA BIBLIOTECA.
luns, 15 de marzo de 2021
RECOMENDAMOS
domingo, 14 de marzo de 2021
CONTOS ANIMADOS
A caída da súa pipa, provocará neste ancián... A ver se averiguades o que?
A CASA DE PEQUENOS CUBOS
xoves, 11 de marzo de 2021
RAKONTO VERDE. FENÓMENAS DO RURAL.
Hoxe, no Rakonto Verde, queremos facer unha homenaxe a todas as mulleres do rural que son quen de manter, co seu traballo e a súa sabedoría, os produtos da terra de xeito natural. Isos tomates, leitugas, patacas... que teñen un sabor de verdade.
Cando imos a un supermercado os tomates non ulen, pero os tomates dos hortos teñen ese recendo a terra e sol que ven do coñecemento e o traballo nunha terra limpa produtos químicos.
Elas, como di o debuxante Yoseba MP, son as fenómenas do rural. Nos tempos difíciles foron quen de manter as despensas cheas de ricos alimentos e o que tamén é moi importante, manter o equilibrio para a natureza.
O debuxante Yoseba MP, que podedes atopar en Instagram, quixo facerlles unha merecida homenaxe, e aquí vos deixamos algunhas fotografías dos seus debuxos.
Tamen ao premer na palabra ENLACE, podedes ler unha entrevista que seguro será do voso interés.
Coñezamos as fenómenas do rural!
mércores, 10 de marzo de 2021
SEMANA DA MULLER NA NOSA BIBLIOTECA. A INVISIBILIDADE
Xa empezamos a ter libros nos que se recoñece o traballo das mulleres nos distintos eidos da sociedade. Durante anos, e até se o comprobades agora nos vosos libros de texto, veredes que case non aparecen mulleres. Non existían, si, pero non interesaba recoñecer a súa labor.
Aquí tedes algún deses libros:
martes, 9 de marzo de 2021
luns, 8 de marzo de 2021
SEMANA DA MULLER NA NOSA BIBLIOTECA.
Un corto, que como o seu propio título indica, convida a reflexionar sobre como os estereotipos que nos marca a sociedade ás mulleres, neste caso sobre a esixencia de estar sempre guapas e perfectas.
domingo, 7 de marzo de 2021
8M. DÍA DA MULLER
Hoxe, luns 8 de marzo celebramos o Día da Muller, e o facemos coas vosas palabras, emocións e sentimentos cara esas mulleres que son importantes na vosa vida. Sen dúbida esas son as que máis queredes, pero non hai que esquecer que hai moitas outras que non coñecemos, mais a elas lles debemos os dereitos que fomos gañando e os que todavía quedan por gañar. O faremos por elas, por nós e polas que virán no futuro.
Moitas grazas por axudar a ter un mundo máis igualitario!
Aquí tedes o voso vídeo!
xoves, 4 de marzo de 2021
RAKONTO VERDE
Hoxe, venres 5 de marzo, é o Día Mundial da Eficiencia enerxética, por iso desde o Rakonto Verde queremos que pensedes en cantas cousas podedes facer ao longo do día para aforrar no gasto de enerxía e non contaminar o noso planeta. Esa televisión acesa que ninguén mira, a luz do cuarto onde non hai ninguén, o ordenador...
Aquí vos deixamos un vídeo no que Greta Thunberg, da que seguro que escoitáchedes falar. Ela é unha activista medioambiental sueca de dezaseis anos. Greta decidiu acudir diante do Parlamento sueco todos os venres, de feito convertéronse nos "Fridays for future" para loitar contra o cambio climático e reclamar da cidadanía e dos políticos accións para mellorar o noso planeta. Empezaron a unirse as súas compañeiras e compañeiros de clase... e, se queredes saber máis, na biblioteca tedes o libro que conta a súa historia. Polo de agora vos deixamos unha imaxe e un vídeo!
mércores, 3 de marzo de 2021
ESTIVO CON NÓS, EVA MEJUTO
Hoxe foi un día moi especial no colexio, recibimos a visita de dez gatiñas e Eva, todas elas viaxeiras. Foi unha fermosa viaxe pola palabra que, rimando rimando, levounos a fermosos lugares.
Moitas grazas a todos e todas por participar da viaxe! Con estes libros tan fermosos non precisamos movernos. Só abrilo, ulir o libro, respiralo, ler, pasar as follas e gozar!
XELA ARIAS. BIOGRAFÍAS VIAXEIRAS.
martes, 2 de marzo de 2021
GATIÑAS, PÍNTEGAS E VAMPIRAS. O NOSO PROXECTO DA BIBLIOTECA
Este martes temos unha visita moi especial, a autora de Dez gatiñas viaxeiras, Eva Mejuto. A esperamos con moita ilusión para que nos conte como xurdiu a idea de escribir a historia destas dez gatiñas.
As alumnas e alumnos da aula de 1ºB están a facer un gran proxecto con este libro. Aquí vos deixamos unha fotografía do seu traballo! Que viaxe estarán a facer?
luns, 1 de marzo de 2021
A NOSA COMUNIDADE DE BOOKTUBERS RECOMENDA...
Hoxe na nosa sección de BookTubers, un conto moi especial e que todas as nenas e nenos, adultos e adultas, de moitos paises do mundo xa leron e seguiran a ler! Quen nolo conta? Escoitade o vídeo!
Ah! E temos novidades no noso Padlet. Xa sabedes, só tedes que pulsar na icona que está á dereita do blog.