Páxinas

Pages - Menu

domingo, 29 de marzo de 2020

luns, 23 de marzo de 2020

CURTAS DE ANIMACIÓN PARA ANIMAR O DÍA


Aínda que estes días o despertador non vai soar tan cedo, xa vedes hai quen non quere erguerse.

ALARM


sábado, 21 de marzo de 2020

POEMAS DO LIBRO "VENTO, VENTIÑO,VENTEIRO"

Moi agradecidas ao poeta Antonio García Teijeiro por enviarnos poemas do seu libro Vento, Ventiño, Venteiro. E, nada mais e nada menos, que recitados por Martiño.
Velaí o tedes...


CURTAS DE ANIMACIÓN PARA ANIMAR O DÍA


Ola a todas e todos, desde o blog da biblioteca queremos axudarvos a que pasedes estes días na casa o mellor posible por iso,  teredes cada día unha curta da animación.

Pero non esquezades que a lectura tamén é unha moi boa compañía nestes días.
Moito bicos!


PEQUEÑO ZAPATERO



mércores, 11 de marzo de 2020

PALABRAS PARA UNHA IMAXE

A IMAXE DESTA SEMANA É...





CAL SERÍA A VOSA PALABRA PARA ESTA IMAXE?





















martes, 10 de marzo de 2020

SON DE PALABRA

A palabra desta semana é:



PARIDADE


Corenta anos despois, as mulleres seguimos pelexando por conquistar dereitos efectivos entre os que estaría conseguir a paridade, isto é, a distribución equitativa entre xéneros de cargos e postos de traballo, e polo tanto a posibilidade de ter a capacidade de decisión, nas empresas, nas institucións e en xeral na sociedade.









luns, 9 de marzo de 2020

RECOMENDAMOS

Como sabedes o 8 de marzo foi o Día da muller, por iso, no recomendamos, apetécenos moito este libro que, ademais de divertido é moi interesante.


xoves, 5 de marzo de 2020

SON DE PALABRA. 8 DE MARZO DÍA DA MULLER

Na biblioteca do noso colexio temos a sorte de contar cun Club Lector "Café con letras violetas", formado por nais de alumnas e alumnos. 
Elas, mulleres marabillosas que axudan a facer un mundo mellor, enviáronnos as súas palabras e como podedes ver en distintas versións.

Moitas grazas a todas pola vosa complicidade! Sodes fantásticas!

OLGA GEY CASTRO



VERÓNICA VÁZQUEZ MARRUBE




TANIA CASTRO ARES






NOEMÍ HERNÁNDEZ DOMINGUEZ


INÉS VÁZQUEZ PATIÑO



MILA UCHEKWO




mércores, 4 de marzo de 2020

SON DE PALABRA. 8 DE MARZO DÍA DA MULLER

Este xoves é Belen, a editora de Baia Edicións, e nai dun rapaz que foi alumno do noso colexio, Uxío Pérez López, a que nos deixa unha palabra moi importante, xa que as loitas nunca hai que abandonalas e para iso precisamos, entre outras cousas, moita....

Moitas grazas Belen, pola complicidade!



martes, 3 de marzo de 2020

SON DE PALABRA. 8 DE MARZO DÍA DA MULLER

Seguimos recollendo palabras de mulleres que teñen moi clara a súa loita pola igualdade. Unha delas é a nosa libreira favorita, Ermitas, da Libraría Suevia, no barrio do noso colexio. Un lugar no que ir a escoitar contos e tamén contalos, como xa fixemos en algunha ocasión.

Moitas grazas Ermitas pola túa colaboración!

E a súa palabra é...


luns, 2 de marzo de 2020

SON DE PALABRA. DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

A partir de hoxe, e durante toda a semana, teremos no noso blog vídeos de mulleres que queren compartir con nós palabras que son especiais para elas.
Velaí o noso xeito de participar no Día da Muller desde a nosa biblioteca. Coa palabra!

A primeira delas é a autora Eli Ríos. Seguro que moitxs de vós xa a coñecedes polo seu marabilloso libro Marta e a pintega, que tivemos a sorte de ler e logo partillar con ela na nosa biblioteca.

Moitas grazas Eli, pola túa palabra de palabras!


domingo, 1 de marzo de 2020

CONTOS CURTOS. SEMANA DO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER



DON FEDERICO.

Este interesante corto, recibiu o primeiro premio do I Certame de Cortos pola Igualdade. Dura escasamente un minuto, pero esta canción que escoitades era moi normal oíla nos patios dos colexios. 
As cancións, tamén educan, mal ou ben. Por iso é importante que cando escoitedes cancións vos fixedes na letra, no que nos queres contar, xa que non sempre o que nos queren transmitir e xusto nin igualitario. Pensádeo!







Este corto foi un proba que fixeron en colexios de Noruega. Sen dúbida as nenas e nenos de agora sodes máis conscientes da desigualdade entre homes e mulleres, como podedes ver nesta interesante curta.