Páxinas

Pages - Menu

martes, 30 de outubro de 2018

GALICIA EN FEMININO. MULLERES QUE FAN HISTORIA.



TAMARA ECHEGOYEN




Resultado de imaxes para TAMARA ECHEGOYEN



Tamara Echegoyen (1984), é unha regatista ourensá cun palmarés moi importante. Gañou cinco campionatos do mundo e, nos Xogos Olímpicos de Londres, colgouse unha medalla de ouro.
Tamén foi distinguida co Premio Nacional do Deporte; e converteuse na primeira española en participar na Volvo Ocean Race, unha intensa proba de nove meses.

Se fades click no nome, podedes ler unha entrevista.

luns, 29 de outubro de 2018

RECOMENDAMOS

Hoxe a compañeira Andrea Hermida e o compañeiro Bruno Amador (que saibades que é un dos seus libros favoritos) de 5ºB, fannos esta recomendación tan acaída nestas datas.

Moitas grazas!!!
Brav@s!!!





CONTOS CURTOS

DÚAS ESCENAS DA PELÍCULA "O XOVEN FRANKENSTEIN".

FELIZ SAMAÍN!!!!









mércores, 24 de outubro de 2018

ELAS SON MÚSICA

Hoxe na nosa entrada musical, temos unha das cantantes máis coñecidas do panorama musical galega, SES.


CO XENIO DESTROZADO


martes, 23 de outubro de 2018

24 DE OUTUBRO, DÍA DA BIBLIOTECA




Pregón  Día da Biblioteca 2018    "O día da luz"   Gonzalo Moure. Tradución ao galego feita por Antía Marante. O cartel é do ilustrador Alfonso Zapico.





Veño do deserto do Sáhara, de inaugurar unha biblioteca. Está en Dajla, o máis afastado, o máis esquecido dos cinco campamentos de refuxiad@s saharauís. É a cuarta biblioteca que construímos, e é preciosa. No centro plantamos árbores, para que @s nen@s e @s moz@s do Sáhara poidan experimentar o gozo de sentar baixo a súa sombra para ler un libro. Non queremos que esa biblioteca sexa ningún "templo de silencio", senón máis ben un espazo para o son, para o ruído. Unha biblioteca que xa é o lugar máis fermoso do campamento. Un espazo para desexar ir buscar lectura, pero tamén amizade, soños compartidos. Incluso amor. Un lugar no que namorar mirando uns ollos por enriba do libro. Porque ao fin e ao cabo, a biblioteca é o lugar onde se descobre ao outro, de papel ou de carne. 

Nun filme inesquecible, o mellor filme de ciencia ficción da historia, "2001, unha odisea do espazo", aparece un monólito cada vez que o ser humano se dispón a dar un salto cualitativo. Kubrick, o seu director, debeu poñer un libro no seu lugar. Porque foron os libros os que marcaron o ritmo dos cambios do ser humano. Porque o libro é o laboratorio das mulleres e os homes, o lugar no que se experimenta con emocións, descubertas, utopías, apostas. Somos o que somos porque fomos pensando e escribindo sobre como ser e sobre como non ser. E seremos o que pensemos, o que pensen e escriban as vindeiras xeracións. 
Así que unha biblioteca non é só un lugar que convida a ler, senón tamén, ou por iso, un lugar que convida a escribir. As bibliotecas do século XXI so, poden ser, teñen que ser o sementeiro de novas novelas, novos monólitos, fitos do noso futuro. Se o século XX foi sen dúbida o século da lectura, o século XXI pode chegar a ser o século da escritura, xa o está sendo. 

Por todo iso construímos bibliotecas nos campamentos do deserto. Porque non son só para @s saharauís. Págaas a nosa sociedade civil, mediante soci@s adult@s, e mediante actividades solidarias nos colexios, institutos e bibliotecas. E @s alumn@s e lector@s que as sufragan fanse conscientes do extraordinario que é ter unha biblioteca, aprenden a valorar a súa, a defendela. Cada biblioteca do deserto ten detrás a milleiros de nen@s, moz@s e adult@s que a fixeron posíbel co seu pequeno esforzo. Sumando. Cada lectora e lector saharauí ten ao seu carón a milleiros de lectoras e lectores, máis conscientes da importancia dunha biblioteca, porque co seu traballo construíuse unha, nun clima e lugar tan hostil. 

Pensa na túa biblioteca. Houbo un día no que esa biblioteca non existía. Alguén soñouna, loitou por ela, encheuna de libros e tamén de soños. Faite do equipo dese alguén que a fixo posible, loita por un mundo no que non haxa un ser humano que non teña preto unha biblioteca, ou un amoroso "bibliobús". Que non haxa ningunha nena e ningún neno, moz@ ou adult@, que non roce a man dunha bibliotecaria que a aconselle, que o oriente no labirinto. Que é o mesmo que dicir que non haxa ningún ser humano conectado ao que foi, o que é e o que será. 

Na túa man hai milleiros de mans, apertando a túa, acompañándote no camiño. Tenras ou con durezas, pequenas ou grandes. No libro que te agarda na mesa de noite ou xunto ao sofá, hai millóns de libros. Inxenuos ou complexos, humildes ou luxosos. Mais todos preciosos. Conectados todos por un invisíbel fío de prata que un man con man, andel con andel, un fío inacabábel e luminosos. Inacabábel, e que así sexa. Hoxe é o Día da Biblioteca, que é o mesmo que dicir "O día da luz".
Feliz día, feliz século.

GALICIA EN FEMININO. MULLERES QUE FAN HISTORIA




Esta entrevista que ides ler a continuación foi realizada por Lucía Rey Martínez da aula de 6ºB, a Sandra García Cambon, piloto de autocross.
Sandra (1975- Ponteceso- A Coruña) é unha das mellores pilotas galegas. Empezou a correr con 32 anos en Kart cross. Participou no Campionato de España en dúas ocasións.




Resultado de imaxes para sandra garcía cambon


P- Que se sinte ao participar en pista con tantos homes?

R- Pois mira, a verdade cando vou para pista nunca penso que vou con homes, senon con rivais.

P- De onde che ven esta afección polo Kart cross?

R- Ven xa de nena, meu pai ía moitas veces ás competicións.

P- Cal é o teu circuito favorito?

R- Sen dúbida, Carballo. Encántame!

P- Corriches fóra de Galicia?

R- Si, fixen un par de anos o campionato de España en Kart cross.

P- Kart cross ou prototipo?

R- Kart cross, mais tiven que abandonar por mor dunha lesión, por iso agora fago prototipo; pero gústanme os dous, non sabería dicir.

P- Que prefires Rally-mix ou auto cross?

R- Agora gústame máis o Rally-mix porque corres contra o crono, e no autocross é máis de contacto, e é máis doado que haxa golpes.

P- Cal é a mellor e a peor lembranza na túa traxectoria?

R- Pois o peor, sen dúbida, cando tiven que deixar o Kart cross, e o mellor pode ser ese segundo posto no Campionato de España en Arteixo co Peugot 208 proto.


Aquí tedes un vídeo no que podedes ver a Sandra competindo.







Moitas grazas Lucía pola entrevista e. por darnos a oportunidade de coñecer a Sandra. Sen dúbida unha muller brava!!!

luns, 22 de outubro de 2018

RECOMENDAMOS

Hoxe Julia e Alejandro de 4º recomendan...







MOITAS GRAZAS A JULIA E ALEJANDRO!!! BRAV@S!!!

domingo, 21 de outubro de 2018

CONTOS CURTOS


XA QUEDA MENOS PARA O SAMAÍN!!!




"ESCENA DA NOIVA CADAVER"  DIRIXIDA POR TIM BURTON





CORTO PIXAR "DÍA DE LOS  MUERTOS"




mércores, 17 de outubro de 2018

martes, 16 de outubro de 2018



V CONCURSO DE RELATO BREVE "DAME MEDO"


v Poderán participar todos os alumnos e alumnas que o desexen.

v Os relatos terán como extensión máxima un folio por unha cara.

v O tema terá relación coa festividade do Samaín.

v O prazo límite de presentación é o 5 de novembro.

v Os relatos entregaranse na Biblioteca en horario de recreo.

v A entrega de premios será na festa do Magosto. Os relatos premiados colgaránse no blog da biblioteca.








QUEN DIXO MEDO!!!

GALICIA EN FEMININO. MULLERES QUE FAN HISTORIA.


MARTA BRAÑAS. UNHA MULLER BRAVA


Resultado de imaxes para marta brañas campeona de españa de boxeo


Tamén se coñece á coruñesa, nada en Arteixo, Marta Brañas, polo alcume de a "Potrilla de Arteixo". Ten 32 anos e xa fixo historia. E fixoo nun deporte aparentemente masculino.
Marta foi a primeira boxeadora profesional galega e, despois do 2005 en Campiona de España, aínda non cumprira 30 anos.

Facendo click no seu nome, poderedes ler unha entrevista moi interesante.


luns, 15 de outubro de 2018

RECOMENDAMOS


Hoxe as compañeiras Olga e Edurne de 5ºA e 5ºB, recoméndannos estes dous libros da coleción "Mulleres bravas da nosa historia".

Elas tamén son bravas!!!
Moitas grazas ás dúas.

domingo, 14 de outubro de 2018

CONTOS CURTOS

Se tedes un soño, ide a por el. 


ONE SMALL STEP


mércores, 10 de outubro de 2018

GALICIA EN FEMININO. MULLERES QUE FAN HISTORIA









Verónica Boquete,  Fenda (Santiago de Compostela, 1987), é unha das mellores futbolistaS españolas, que xoga desde xullo no París Saint-Germain, pide que se cren referentes femininos para as mozas que queiran ser futbolistas e eloxia a honestidade do balompé feminino respecto ao masculino.


Nunha entrevista desde o centro de adestramento de Bougival --ao oeste de París--, di que a súa ambición é axudar a que o PSG sexa "o mellor" de Europa, ve á súa selección española competindo coas grandes "nun par de anos" e revela que no futuro quere ser adestradora.

Pregunta. Con Francia, xa son seis os campionatos nos que xogaches (España, Estados Unidos, Suecia, Alemaña e Rusia). E empezaches ben. Oito partidos e catro goles de momento.
Resposta. Non está mal, aínda que a miña especialidade sexa crear xogo. O meu adestrador ( Patrice Lair) quere que marque máis goles. Pídeme que xute máis, que sexa máis egoísta. Aquí gozo máis no campo, gústanos ter o balón, atacar. En Alemaña era un estilo máis defensivo. 

P. Estabas no Bayern de Múnic e antes no FFC Frankfurt, cos que gañaches a Bundesliga e a liga de Campións, respectivamente que che atraeu do PSG?

R. Necesitaba un estímulo. O PSG aínda non gañou algo importante, é un proxecto que se está facendo e quero axudar a que o club sexa o máis grande de Europa. Vivir unha liga diferente tamén me enriquece como xogadora e como a futura adestradora que quero ser.

P. A selección feminina de España está preparada para dar o salto de calidade que lle falta? 

R. A partir de agora, España estará sempre en grandes torneos internacionais (...) O fútbol feminino español está no mellor momento da súa historia. Hai cada vez máis talento, máis apoio, nun par de anos poderemos compararnos coas grandes potencias como Suecia, Alemaña, Francia ou Inglaterra.

P. Que lle pode atraer a un espectador para achegarse a ver un partido de fútbol feminino?

R. Hai un gran descoñecemento do nivel do fútbol feminino. Nun partido entre equipos bos o nivel técnico e táctico é alto, aínda que haxa unha diferenza física [con respecto ao masculino] porque o home é máis forte. O feminino é ademais un fútbol máis puro, non se ve a xente simulando labazadas, dores que non teñen e faltas que non son. 
P. Xogadoras de elite como ti ou a brasileira Marta (cinco veces gañadora do Balón de Ouro) denunciastes o machismo contra as mozas que queren dedicarse ao fútbol. Cando vai cambiar esta situación?

R. Non é fácil. Necesitas cambiar a mentalidade de varias xeracións. Nos países nórdicos lévannos moitos anos de adianto respecto dos países latinos, que están marcados polo machismo.

P. Considéraste ben paga? 

R. Estamos moi mal pagas se o comparas co fútbol masculino. Hai unha diferenza de moitísimos ceros. Aínda que que quede claro que sinto unha privilexiada, porque coñezo a situación doutras xogadores. Vivo soamente do fútbol e vivo ben.

P. Co traballo tan absorbente que tes, pensas en ser nai?

R. En Estados Unidos as xogadores da selección teñen un, dous ou tres fillos. Teñen as axudas necesarias para seguir a súa carreira. Se pensara en ser nai, tería que deixar a miña carreira. Non me vai a quitar as ganas, pero atrasarao.

P. Que ídolos tiveches?

R. Desafortunadamente, todos os meus modelos foron masculinos. Cando crecía non había referentes femininos. Entre as mozas, o maior era Marta, a brasileira, coa que acabei xogando en Suecia e da que son amiga. As nenas teñen que soñar ser como Marta ou como as xogadores que estamos agora. Non teñen que querer ser Messi ou Cristiano Ronaldo porque esa non é a realidade.