Páxinas

Pages - Menu

mércores, 25 de abril de 2018

PARA PENSAR

O poder que pode ter a decisión de ira a coller un libro á biblioteca para satisfacer a nosa curiosidade.



martes, 24 de abril de 2018

COÑECENDO A MARÍA VICTORIA MORENO




Na Facultade coñeceu ao valenciano José Luis Llácer, invidente desde os tres anos e comezou a axudar exercendo de lectora, a aquel guapo mozo que tocaba o piano de forma engaiolante. Foi entón cando empezou a traducir do francés libros para a ONCE, pois en Barcelona aprendera francés e catalán.
Rematada a carreira, de maneira tan brillante coma o bacherelato, en xullo de 1963 casou con José Luis.

María Victoria Moreno. A muller que durmía pouco e soñaba moito. Fina Casalderrey/Marilar Aleixandre. Edt. Xerais.

luns, 23 de abril de 2018

O NOSO PATIO ENCHEUSE DE HISTORIAS

Hoxe o patio do noso colexio encheuse de voces que leron fermosas historias, de nenas e nenos que escoitaron e gozaron delas. Preme na imaxe para ver máis fotos.

Grazas a tod@s por compartilas!!!




RECOMENDAMOS





Hoxe vos recomendamos que pasedes pola biblioteca e leades este fermoso e interesante libro sobre a vida da autora á que se adican as Letras Galegas, María Victoria Moreno.
Sabedes quen escribiu este libro? As nenas e nenos de 3º seguro que si. A autora é Eli Ríos, a mesma que escribiu Marta e a pintega e que veu visitarnos a nosa biblioteca.

Veña, a por el!!!

domingo, 22 de abril de 2018

DÍA DO LIBRO



Morris Lesmorre amaba as palabras
Amaba as historias.
Amaba os libros.
A súa vida era un libro que el mesmo escribía,
metódicamente, páxina tras páxina.
O abría cada mañá e escribía sobre as súas penas,
alegrías e todo o que sabía e anhelaba.


En vós tamén hai unha historia para escribir, porque iso é o que conteñen os libros, historias.
Escribir é buscar as palabras que dan significado as vosas alegrías, desexos, tristezas... 
Desde que nacedes, ides construindo ese libro único, irrepetible,  e quen sabe se algún día unha nena, cos pes de punta e o brazo estirado, colle a vosa historia dun andel dunha biblioteca, a leva a casa, e na noite da súa habitación, coa lámpada acesa, empeza a ler.

FELIZ DÍA DO LIBRO!!!





mércores, 18 de abril de 2018

QUEDAN 4 DÍAS PARA...



HAI 55 ANOS QUE SE CELEBRA CADA 17 DE MAIO O DÍA DAS LETRAS GALEGAS A UN 

ESCRITOR OU ESCRITORA. SÓ SE ADICOU A CATRO MULLERES: ROSALÍA DE CASTRO 

(1963); FRANCISCA HERRERA GARRIDO (1987); MARÍA MARIÑO (2007) E  MARÍA 

VICTORIA MORENO (2018).

Para pensar, non si?

martes, 17 de abril de 2018

QUEDAN 5 DÍAS PARA...



Esta historia comeza nos tempos da ditadura franquista, cando había case máis actividades prohibidas que permitidas: prohibidos os partidos políticos, sindicatos, asociacións de veciños, asociacións culturais...
O feito de se xuntaren tres persoas nunha cafetaría podía ser considerado "reunión ilegal". Nas reunións para as que se solicitaba permiso, como recitais de música ou de poesía, ou sesións de cine-club, había uns policías de paisano que podían suspendelas. Así ocorreu coas primeiras Xornadas do Ensino Galego, organizadas en 1976—e iso que xa morrera Franco—Aínda que en teoría a liberdade de opinión ou de asociación fosen recoñecidas, en realidade eran dereitos de mentira, escritos en "papel mollado". Unha das acticidades prohibidas era ensinar a lingua galega e, por descontado, ensinar en galego.
Publicar libros en galego, escribir en galego, eran actos de resistencia e os primeiros en intentalo tomaron o nome do célebre pirata galego da Moureira Benito Soto. A edición de libros en galego debía, pois, esquivar a censura que limitaba calquera manifestación artística, cultural, de prensa ou de opinión. Algúns libros, como Sempre en Galiza, de Castelao, tiveron que ser editados en Bos Aires polos exiliados galegos. Unha das primeiras edicións de Sempre en Galiza, publicada en 1944 polo Centro Ourensan de Bos Aires, era de pequeno tamaño, para poderen levalo agochado no peto dun abrigo.

María Victora Moreno. A muller que durmía pouco e soñaba moito. Fina Casalderrey/ Marilar Alexandre. Edt. Xerais.

Como vedes, durante a longa historia dos libros, tamén estos foron prohibidos. 
Como vos sona  a mistura destas dúas palabras? 

                           LIBROS PROHIBIDOS

luns, 16 de abril de 2018

QUEDAN 6 DÍAS PARA...




Por culpa do fachendoso galo don Pío, as galiñas e os paxariños son as únicas criaturas que non poden vivir en liberdade na aldea.
A envexa e a ambición que sinte son tan grandes que o levarán a soidade máis absoluta.

O Cataventos. María Victoria Moreno.

mércores, 11 de abril de 2018

PARA PENSAR

Vos propoñemos que escoitedes ben este video e logo pensedes se vos parecen axeitadas algunhas das frases destes debuxos, moi coñecidos por tod@s vos.



martes, 10 de abril de 2018

MULLERES QUE FAN HISTORIA



Joana Rowling

É unha escritora e produtora de cinema británica, principalmente coñecida por ser a creadora da serie de libros Harry Potter, cuxa idea foi concibida durante unha viaxe en tren de Mánchester ata Londres en 1990.
Os libros de Harry Potter conseguiron moitas lectoras e lectores, gañado múltiples premios e vendendo máis de 450 millóns de copias. En xuño de 1990, mentres viaxaba nun tren durante catro horas desde Mánchester ata Londres, xurdiu na súa mente, a idea dunha escola de magos. «De súpeto, a idea de Harry apareceu na miña imaxinación, simplemente. Non podo dicir por que, ou que a desencadeou, pero vin a idea de Harry e da escola de magos moi explicitamente. De súpeto, tiven a idea básica dun neno que non sabía quen era, que non sabía que era meigo ata que recibiu unha invitación para asistir a unha escola de maxia. Non estiven nunca tan entusiasmada cunha idea».«Non sei de onde proveu a idea», díxolle ao Boston Globe, «Comezou con Harry, e daquela todos os personaxes e situacións afloraron na miña cabeza». Cando chegou ao seu apartamento, comezou a escribir inmediatamente.
Con todo, en decembro do mesmo ano, faleceu a nai de Rowling, tras unha batalla de dez anos coa esclerose múltiple. Rowling comentou «Estaba a escribir Harry Potter no momento en que a miña nai morreu. Xamais puiden falarlle sobre Harry Potter». Rowling dixo que este falecemento afectou profundamente o seu traballo como escritora, e que incluíu moitos máis detalles acerca da perda de Harry no primeiro libro, porque sabía como sentía.

luns, 9 de abril de 2018

RECOMENDAMOS




María Victoria Moreno


Ata o 17 de maio, nesta sección do noso blog imos ir coñecendo un pouco máis á autora á que se lle adican as Letras Galegas 2017, María Victoria Moreno. Na biblioteca podedes gozar dos seus libros.

María Victoria era unha boa estudante. Gustábanlle as matemáticas, parecíalle que abondaba con entendelas, pero deixou as contas polos contos, escolleeu letras debido á fascinación que espertaron nela o latín es as historias do mundo clásico da man da profesora Rosa Juliá. En Barcelona decidiu que quería dedicarse ao ensino e ali descubriu o Quixote, que leu dunha sentada. As cousas que lle pasaban ao fidalgo non a facían rir, nin sequera cando o cabaleiro libera das cadeas uns presos que ían camiño de galeras e que lle pagan guindándolle pedras e moéndoo a paus, nin na loita contra os muíños, nin cando tomou un rabaño de ovellas por un exército que viña cara a eles... Non había na historia loitas, encantamentos, desatinos, disparates ou amores que lle parecesen divertidos. Metíase na pel de don Quixote e só podía sentir mágoa do que lle pasaba ao bondadoso e soñador cabaleiro andante. Ela mesma tivo na súa maneira de entender a vida e na entrega ás causas que lle parecían xustas, un xeito quixotesco de proceder ás veces, como na seguinte historia:

Se chegaba á libraría alguén a quen lle interesaba un libro e dicía que non levaba cartos, ela facíalle levalo de todos os xeitos. En moitos casos esquecían volver para pagar. Outras veces, xa directamente os regalaba, o mesmo que facía cos préstamos de diñeiro da súa conta persoal.

Texto extraido do libro "María Victoria Moreno. A muller que durmía pouco e soñaba moito"

domingo, 8 de abril de 2018

CONTOS CURTOS. ISAO TAKAHATA



O xoves 5 de abril, recibimos a triste noticia de que Isao Takahata deixounos. Sen este cineasta o mundo do anime non sería o que é. Moitas xeracións lle debemos tardes moi entretidas con Heide e Marco. Mais tamén, entre outras, a fermosa película "La tumba de las luciérnagas". Nesta historia podemos escoitar frases como esta: 


"Se a túa noite é escura, xoguemos a ser vagalumes"



Este é o trailer da película "El cuento de la princesa Kaguya"


Paga a pena que vexades as súas películas, que sempre contan historias, unha veces tristes e outras non, máis sempre cunha grande sensibilidade e fermosura de imaxes.
Premendo no seu nome, podedes saber máis da vida de Isao Takahata

Que a terra lle sexa leve.

mércores, 4 de abril de 2018

martes, 3 de abril de 2018

MULLERES QUE FAN HISTORIA





Josefina Ling Ling, é unha astrónoma galega que naceu en Madrid e criouse alí, pero a ela gustáballe Galicia, porque pasaba as vacacións en Ares.
Na Universidade Autónoma de Madrid realizou o primeiro ciclo da Licenciatura de Matemáticas, pero coñeceu a un grupo de astrónomos afeccionados da Agrupación Astronómica de Madrid e entroulle a paixón  por esta ciencia. Ling decidiu entón trasladarse á Universidade Complutense de Madrid para estudar a especialidade de Astronomía.
Josefina ten un doutoramento en ciencias Matemáticas, traballa na Universidade de Santiago como profesora, pero tamén traballou en diversos observatorios.

Descubriu unha estrela a máis de 3.046 anos luz desde o observatorio Pic Du Midi, e leva o seu nome.

luns, 2 de abril de 2018

RECOMENDAMOS



O día 2 de Abril, celébrase o Día Internacional do Libro Infantil. Escolleuse esta data porque é o día que naceu o escritor Hans Christian Andersen. Autor de contos tan coñecidos como: "A Sirenita", "O reiseñor", "O patito feo" ou "O soldadiño de chumbo".

Seguro que leíchedes algún dos seus contos, non si?