Páxinas

Pages - Menu

xoves, 30 de marzo de 2017

AS NOSAS LETRAS E OUTRAS NOVAS

Hoxe imos coñecer a explicación da expresión “Salvarse polos pelos”

Esta frase que tod@s coñecemos, ven do eido mariñeiro. Determina que se evitou unha situación complicada por moi pouco ou alguén se librou dalgún dano no último momento. A súa  orixe é certamente curiosa.


En tempos pasados, para enrolarse nun navío non era necesrio saber nadar, fose cal fose o cargo. E, entre a tripulación, era habitual recomendar aos novatos que se afundían no auga deixarse crecer unha longa melena para que, en caso de caer pola borda, fosen máis visibles na oleaxe e tivesen máis posibilidades de ser rescatados. De feito, a longa cabeleira era o mellor asidero para sacar da auga a alguén que se estaba afogando, pois a roupa adoita desgarrarse e a pel húmida resulta esvaradiza. Por iso, até os que sabían nadar preferían ter o pelo ben longo.
E se non que llo digan a Johnny Deep na película - Piratas do Caribe.









mércores, 29 de marzo de 2017

E TI, QUE PINTAS? ÁFRICA

Seguimos mostrándovos os marabillosos traballos artísticos deste proxecto común do que tanto gozamos.
Hoxe estas pedras pintadas d@s alumn@s de 4ºB.

SODES UNS ARTISTAS!!! NORABOA POR ESTA CREATIVIDADE.








martes, 28 de marzo de 2017

SABEDES QUE...

O 27 DE MARZO FOI O DÍA DO TEATRO?


O termo teatro procede do grego theatrón, que pode traducirse como o espazo ou o sitio para a contemplación.


O teatro forma parte do grupo das artes escénicas. O seu desenvolvemento está vinculado con actores que representan unha historia ante unha audiencia. Esta arte, polo tanto, combina diversos elementos, como a expresión xestual, o discurso, a música, os sons e a escenografía.

As orixes históricas do teatro están asociados á evolución dos rituais relacionados coa caza e coa recolección de froitos e alimentos propios da agricultura, que desembocaron en cerimonias dramáticas a través das cales rendíase culto ás divinidades. Estes rituais tamén sentaban e reflectían os preceptos espirituais do grupo social.

Foi na Grecia Clásica, cando esta idea relixiosa foi levada á perfección. Creáronse entón as representacións teatrais, onde a coreografía, a música, a recitación e o texto formaban un equilibrio inigualable. Entre os fundadores do teatro tal e como o coñecemos hoxe atopáronse os creadores das traxedias, tales como Esquilo, Sófocles e Eurípides, e da comedia, xénero do que sempre resaltou Aristófanes. En devandita época tanto comedia como traxedia permitía expresar ideas políticas, sociais e relixiosas, necesarias para entender o tempo no que se vivía.
E como xa sabedes no teatro hai traxedia e comedia, por iso ésta é unha das imaxes que máis representa ao teatro.


luns, 27 de marzo de 2017

RECOMENDAMOS

Hoxe a nosa entrada "Recomendamos" ven chea de novidades moi interesantes. Imos ver:

Jason, Julis e Rick traspasan a porta do tempo e trasladanse ao Antigo Exipto. Entrar no interior da "Casa da vida", unha inmensa biblioteca chea de labirintos... teñen que atopar un misterioso mapa...






Esta historia comeza cun email que chega desde Cornualles. En canto o que ven despois decidide vós.





O neno inverno, xa con ese nome imaxinaredes que é un neno especial. Tamén hai un lobo doente, e ...
A súa autora é María Canosa.


CUARTO B NA BIBLIOTECA DO ÁGORA

Unha mañá interesante na Biblioteca do Ágora para @s nos@ alumn@s de 4º B.
Aquí queda reflectido:














CUARTO A NA BIBLIOTECA ÁGORA

Así de interesante foi para @s nos@s alumn@s de 4º A a visita á Biblioteca Ágora.















sábado, 25 de marzo de 2017

PALABRA DESTE MES NA BIBLIOTECA

Lembrade que a palabra deste mes na biblioteca é SOLIDARIEDADE.



Anímase alguén a vir a contarnos unha historia de solidariedade para gravala e compartila no blog con todos nós?

CONTOS CURTOS.

O Conto Curto de hoxe titúlase " Minuscule- the guest of the pink lollipop"

As veces non somos capaces de apreciar o que non vemos, o minúsculo.


mércores, 22 de marzo de 2017

E TI, QUE PINTAS? ÁFRICA


A partir de hoxe, na nosa entrada dedicada ao proxecto da biblioteca sobre África, iremos colgando os vosos trabalhos que, como podedes ver hoxe son verdadeiramente marabillosos. Non hai dúbida de que sodes uns artistas.

Noraboa a tod@s @s alumn@s de 6ºA e a súa mestra de plástica.

A creatividade é contaxiosa. Pásala.
                                  Albert Einstein

















martes, 21 de marzo de 2017

SABEDES QUE...

ONTE FOI O DÍA DA POESÍA?


De acordo coa decisión da UNESCO, o principal obxectivo desta celebración, o día 21 de marzo, é soster a diversidad dos idiomas a través da expresión poética e dar aos que están ameazados a posibilidade de expresarse nas súas comunidades respectivas.

Aquí tedes uns versos de dous grandes poetas. O poeta chileno Pablo Neruda:


Te amo sin saber cómo, ni cuándo, ni de dónde,
te amo directamente sin problemas ni orgullo:
así te amo porque no sé amar de otra manera…

E a poeta galega, Luisa Villalta:

Onde nós nunca pasan os trens
Só chegan ou parten
Por iso tamén somos nós
a nosa última estación
o noso amor definitivo.