Este venres temos tres recomendacións litararias dos nenos e nenas da aula de catro anos, que moi aplicados eles e elas nos acompañaron durante estes dous venres literarios.
Moitas grazas polas súas propostas, que estamos seguros son do agrado de todos vós.
Páxinas
▼
Pages - Menu
▼
venres, 27 de febreiro de 2015
martes, 24 de febreiro de 2015
O DÍA DE ROSALÍA TAMÉN EN GOOGLE
Google dedícalle este martes unha homenaxe en forma de "Doodle", á grande autora das letras galegas, Rosalía de Castro. Aquí o tedes.
E a continuación os tres vídeos, nos que poderedes escotar as fermosas palabras que lle dedican os vosos compañeros e compañeras da aula de 5º B.
E a continuación os tres vídeos, nos que poderedes escotar as fermosas palabras que lle dedican os vosos compañeros e compañeras da aula de 5º B.
SABES QUE ...
Hoxe fai 178 anos que naceu unha das nosas poetas mais coñecidas e mais queridas por todos os galegos e galegas, Rosalía de Castro.
Así o celebramos... mañá haberá mais.
Así o celebramos... mañá haberá mais.
domingo, 22 de febreiro de 2015
CONTOS CORTOS
"O globo vermello" é un fermoso corto, nos que o protagonistas principais son un neno e un globo vermello.
Foi filmada no ano 1956, o director é o francés Albert Larisse. O neno protagonista é o seu fillo de catro anos.
Anímovos a velo con tranquilidade. Escoitade a música, fixádevos nos barrios parisinos, nas confiterías, nas tendas. Non perdades detalle, son trinta e dous marabillosos minutos de cine. Unha fermosa historia, da que podemos todos sacar interesantes conclusións.
Que o disfrutedes!!!
xoves, 19 de febreiro de 2015
RECOMENDACIÓN LITERARIA DOS VENRES
Hoxe son os nenos e nenas da aula de catro anos, os que nos propoñen un libro moi divertido: "A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza".
Escoitade, escoitade... que ben o fan: Luci, Lorena, Juan e Lucas.
Moitas grazas
Escoitade, escoitade... que ben o fan: Luci, Lorena, Juan e Lucas.
Moitas grazas
xoves, 12 de febreiro de 2015
RECOMENDACIÓN LITERARIA DOS VENRES.
Diversión e coñecemento do corpo humano, é o que nos propoñen estas dúas grandes lectoras, Usue e Uxía de 2ºA.
Moitas grazas ás dúas.
Moitas grazas ás dúas.
martes, 10 de febreiro de 2015
SABES QUE ...
Hai cinco entroidos que son os mais famosos do mundo, bueno, para nós seis.
RIO DE XANEIO (BRASIL) A RITMO DE SAMBA.
Falar do entroido de Rio de Xaneiro é falar de música e samba, luces e traxes marabillosos. Neses días a samba inunda a cidade coa actuación das Escolas de Samba.
As rúas durante catro días están ateigadas de xente que, canta, baila e leva traxes cheos de luces.
MARDI GRAS (NOVA ORLEANS)
Na cidade de Mississippi, o entroido recibe o nome de Mardi Gras. Durante dúas semanas as rúas de Nova Orleans vense invadidas de carrozas e disfraces. Un dos desfiles mais famoso é o desfile "zulu", que recorre o distrito de Uptown. Aquí as carrozas desfilan a ritmo de jazz.
ENTROIDO DE VENECIA
É de todos os entroidos o mais elegante. Durante dez días, a elegancia e bo gusto están presentes nos espectaculares desfiles de disfraces na Praza de San Marcos; nas procesións en barcos tradicionais, as góndolas, polos famosos canais venecianos.
ENTROIDO DE NIZA
Desfiles de carrozas, charangas, cabezudos e bandas de música recorren estos días unha Niza engalanada e iluminada con miles de bombillas de cores.
O acontecemento mais importante son as batallas de flores, que consisten nunha choiva de flores lanzadas desde as carrozas aos espectadores.
ENTROIDO DE COLONIA
O entroido de Colonia, iniciase todos os anos o día 11, do mes 11, ás 11 horas. É unha festa na que participa toda Alemaña, ata tal punto que é coñecida como A Quinta Estación do Ano.
Durante estes días, chamados "Días tolos", e a pesar do frío, as rúas enchense de xente disfrazada con ganas de pasalo ben.
O ENTROIDO DE XINZO DE LIMIA (OURENSE)
O entroido máis famoso de Galiza é o de Xinzo de Limia, en Ourense. Dura cinco domingos: domingo faraleiro, oleiro, corredoiro, entroido e piñata.
O seu símbolo máis importante é "A Pantaia". As Pantaias visten camisa e calzón blancos, capa vermella, pano, polainas e zapatos negros. Unha faixa tamén vermella, que vai na cintura, xunto cos cencerros que van soando.

domingo, 8 de febreiro de 2015
CONTOS CORTOS
O Conto Corto deste luns, titúlase "Paperman".
Está claro que si queremos algo, é loitamos por conseguilo, o normal é que o consigamos. Claro que si tes a axuda de ...
Está claro que si queremos algo, é loitamos por conseguilo, o normal é que o consigamos. Claro que si tes a axuda de ...
xoves, 5 de febreiro de 2015
RECOMENDACIÓN LITERARIA DOS VENRES
Hoxe estreamos un novo xeito de recomendar libros. Xa que non hai mellor recomendación que a que nos pode facer un lector ou lectora.
Por iso a partir de agora, de vós depende que esta sección teña todos os venres unha lectura interesante da que falar.
Queremos que nos contedes porque ese libro foi tan especial para vós que, aínda que os ollos querían pecharse polo sono, loitáchedes para seguir lendo: para saber que fixo o rato; como se aclara o misterio; quen venceu ao malvado ...
Este venres, o noso compañero Roi de 1ºB, cóntanos cal é o seu libro preferido.
Grazas Roi.
martes, 3 de febreiro de 2015
SABES QUE ...
A invención da imprenta fai posible que hoxe moitos nenos e nenas, en todas as partes do mundo, podades ler o mesmo conto.
Pero, quen foi o inventor?
Neste video, poderedes escoitar a historia da invención da imprenta e dos primeiros textos escritos.
Pero, quen foi o inventor?
Neste video, poderedes escoitar a historia da invención da imprenta e dos primeiros textos escritos.
domingo, 1 de febreiro de 2015
CONTOS CORTOS
Este luns, o noso conto corto trata do amor: "Os pulpos namorados". Quen sabe que país é onde transcurre o amor destes dous pulpos?