Ola a todas e a todos:
Xa tiña ganas de que empezara o colexio e poder compartir con vós todas as marabillosas historias que nos agardan nos libros da biblioteca.
Contáronme que este curso imos a aprender moito sobre os hortos. Non sei a vós, pero a min gústanme todos os alimentos que nacen da terra. Por iso, estiven pensando que si queredes, gustaríame moito que escribirades un relato no que eu, o Dragón Draco, e un horto fósemos os protagonistas.
É un bo xeito de empezar o curso, non si?
Aquí vos deixo un corto de animación, que espero que vos guste tanto como a min.
Draco.